José Torres Hurtado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1946 (78 anos) Píñar, España (pt) |
Alcalde de Granada | |
14 de xuño de 2003 – 18 de abril de 2016 ← José Enrique Moratalla (mul) – Francisco Cuenca (en) → | |
Q47132543 | |
maio de 1996 – 2002 ← Juan José López Garzón – Juan Ignacio Zoido → | |
Deputado do Parlamento de Andalucía | |
17 de abril de 1996 – 20 de maio de 1996 Circunscrición electoral: Granada Electo en: 1996 Andalusian regional election (en) | |
Senador de España | |
22 de xuño de 1986 – 29 de outubro de 1989 Circunscrición electoral: Granada (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Granada (en) Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular (1989–2016) Alianza Popular (1982–1989) |
José Torres Hurtado, nado en Píñar, Granada, o 15 de outubro de 1946, é un político español do ámbito do Partido Popular, alcalde de Granada de 2003 a 2016.
Biografía
[editar | editar a fonte]Ocupou a alcaldía de Granada desde 2003, cando o Partido Popular gañou as eleccións municipais nesta cidade por maioría absoluta e sucedeu o goberno tripartito (PSOE-IU-PA) da anterior lexislatura. Nas eleccións de 2007 ampliou a súa vantaxe en dous concelleiros cun 53,33% dos votos, conseguindo os mellores resultados da historia do PP en Granada e converténdose no primeiro alcalde democrático en conseguir dúas maiorías absolutas consecutivas na cidade.
Casado e con dúas fillas, José Torres Hurtado é Enxeñeiro Técnico Agrícola, e foi membro do Consello de Administración da RTVA.
Outros cargos políticos electos que ocupou antes da alcaldía de Granada foron (cronoloxicamente): deputado estatal por Alianza Popular en 1982, senador electo por Granada na terceira lexislatura (1986), Deputado Autonómico por Granada desde 1990, Deputado por Granada no Parlamento de Andalucía en marzo de 1996 e delegado do Goberno en Andalucía até a presentación da súa candidatura á alcaldía de Granada.
Xestión como alcalde
[editar | editar a fonte]Da súa lexislatura como alcalde entre 2003 e 2007 destacan as obras acometidas na cidade, como a reforma completa de dúas das principais vías da cidade (a Gran Vía e a avenida da Constitución) e a construción de tres pasos subterráneos en zonas de tráfico moi denso, así como a reconstrución integral do barrio de infravivendas de Santa Adela. Baixo o seu segundo mandato comezaron tamén as obras do Metropolitano de Granada, que conta con dar servizo á capital, así como a varios pobos da zona metropolitana.
- Caso Nazarí
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Predecesor: José Enrique Moratalla Molina |
Alcalde de Granada 2003 - 2016 |
Sucesor: Francisco Cuenca |