Julián Hernández
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Julián Hernández Rodríguez-Cebral 2 de xullo de 1960 (64 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, cantante |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Entertainment |
Sitio web | siniestro.com… |
Julián Hernández Rodríguez-Cebral, nado en Madrid o 2 de xullo de 1960, é un cantante e guitarrista galego. É un dos fundadores e líder de Siniestro Total. Tamén tivo incursións como escritor, xornalista e actor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que nado en Madrid, pasou toda a súa infancia en Vigo onde comezou a súa afección polo rock e todo o que el mesmo chama "cultura popular". Descendente dunha familia de longa tradición artística, os ourives e esmaltistas Irmáns Hernández, en Vigo relacionouse con poetas do movemento Rompente, así como con outros intelectuais que vivían na cidade nos anos 80, entre os que estaban Manolo Romón e Antón Reixa.
Movida madrileña
[editar | editar a fonte]De novo en Madrid, onde se matricula no conservatorio de música, Julián entra en contacto coa chamada movida madrileña, movemento que xa se vivía en Vigo, aínda que nunha escala menor. Os seus contactos con diversas personaxes relacionadas con selos independentes de Madrid axudarano a dar a coñece-lo grupo que ten cuns amigos en Vigo, Siniestro Total. Así Julián converterase en non moito tempo de fan da movida a protagonista da mesma.
Produtor
[editar | editar a fonte]Ademais da súa relación con Siniestro Total, Julián participou noutros grupos paralelos, ás veces pensados para unha soa actuación e outros a máis longo prazo. Hernández participou na creación de Def Con Dos, grupo para o que produciu varios discos co pseudónimo de Padre Damián J. Karras, nome dunha personaxe da película O exorcista.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Na actualidade mantén o dúo Transportes Hernández y Sanjurjo, xunto ao acordeonista Rómulo Sanjurjo (ex-membro de Os Diplomáticos de Monte-Alto). Tamén é columnista en diversos xornais e escritor, así como produtor de novos talentos do panorama musical, dentro da súa produtora Discos de Freno.