Kerli
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2010.) |
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (et) Kerli Kõiv 7 de febreiro de 1987 (37 anos) Elva, Estonia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista musical, compositora de cancións, compositora, pianista, produtora musical |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | Música pop, indie pop, trip hop (pt) , Synthpop, rock alternativo, Dream pop, pop rock, Música industrial, Rock gótico, música para bailar e música electrónica |
Influencias | |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Island Records Universal Music Group Ultra Music |
Sitio web | kerlimusic.com |
Kerli Köiv Vazmart, máis coñecida polo seu nome artístico Kerli, nada en Elva (Estonia) o 7 de febreiro de 1987, é unha artista musical estoniana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kerli medrou con poucas comodidades, xunto coa súa única irmá Samantha Köiv Vazmart, e tamén coa forte convicción de que algún día ía cambiar de ambiente. Isto non lle resultou demasiado complexo, e con 14 anos quedou segunda no certame Eurolaul, que clasifica os artistas estonianos para participar no Festival de Eurovisión.
Con estudos en canto, ballet, actuación e piano clásico, Kerli decidiu adicarse de cheo á música, con bos resultados. No 2006 firmou un contrato discográfico con Island/Def Jam, no 2007 lanzou o seu EP debut e no 2008, o seu primeiro álbum de estudio, titulado Love Is Dead. Segundo o sitio web da artista, neste álbum atopamos implícita toda a historia da pequena Kerli, con inicio nunha pequena aldea de Estonia, e tendo que cruza-lo mar cara a Escandinavia para poderse converter nunha artista de verdade.
Dese cambio na súa contorna, Kerli afirma que medrou moito como persoa, xa que na súa terra non se lle permitía amosa-las emocións e, dada a falta de opcións, o seu soño de marchar e facer música foi sempre a súa maneira de evadirse e fuxir.
Outras cancións que podemos atopar no mesmo disco son: "I Want Nothing", "Bulletproof", "Beautiful Day", "Butterfly Cry", "Fragile" e "Hurt Me", cantada xunto coa súa irmá.
«Nunca tiven un soño que non se chegara a realizar» confesou Kerli, cando se dispoñía a viaxar ós Estados Unidos para gravar. «Canto máis grande sexa o soño, máis tempo leva que se faga realidade. No momento no que te deixas levar, é cando algo acode a ti». «Todo o que desexo é ser feliz. Quero facer do amor a miña armadura para que nada me poida ferir».
Gravou tamén dúas cancións para a banda sonora de Alice in Wonderland, "Strange" (xunto con Tokio Hotel) e "Tea party" (cun vídeo musical).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Posición nas listas | Vendas e recoñecementos | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
EUA[1] | EST[2] | BEL[3] | ITA[4] | SWI[5] | |||
2008 | Love Is Dead
|
126 | 1 | 52 | 64 | 92 |
|
EPs
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Vendas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007 | Kerli
|
5000+ | |||||||||||||
"—" denota que non entrou nas listas ou que non foi lanzado nese país. |
Singles
[editar | editar a fonte]Ano | Singles | Posición máis alta | Álbum | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
SWI[6] | BEL[3] | ITA[7] | GER[8] | MTV BAL[9] | AUT[10] | LTV | PL | EST | EU | |||
2008 | "Love is Dead" | — | — | — | — | — | — | — | — | 67 | — | Love Is Dead |
"Walking on Air" | 37 | 32 | 12 | 25 | 5 | 35 | 10 | 20 | 1 | 63 | ||
2009 | "Creepshow" | — | — | — | — | 15 | — | — | 42 | 15 | 256 | |
"Fragile" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Billboard Chart History". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2008.
- ↑ Kerli seljatas Hu? (Kerli beat Hu?). (en estoniano) Raadio 2
- ↑ 3,0 3,1 Flemish Ultratop
- ↑ "Fimi archivie". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ swisscharts.com
- ↑ Lista suíza
- ↑ "Italy Singles Top 50 - Music Charts".
- ↑ "World Charts - German singles chart 2009".
- ↑ "MTV European: Main page". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ "Austria Singles Top 75 - Music Charts".