Saltar ao contido

Knez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Knyaz»)

Knez, Kniaz ou Knyaz é unha palabra das linguas eslavas que se refire a un título de nobreza. Xeralmente tradúcese ao galego como Príncipe e, ás veces, como Duque, aínda que estas tradución non sexan exactas.

A orixe deste termo quizais estea directamente relacionada coa da palabra rei (King en inglés, König en alemán ou Konungen escxandinavo). Ou ben esta pode que estea rtelacionada con Cnéz, ou Cneaz, Knez, Kenéz, Kniaz ou Knyaz, termo de orixe eslava que designaba a un xefe local.

Cómpre ter en conta que a tradución como príncipe ou duque non é fiel e, de facelo, isto pode provocar inexactitude tanto no mesmo título nobiliario, como nas palabras que se derivan del.

Por iso, o que podemos entender por príncipe (ou por duque) na Rusia ou na Serbia medievais, pode facer alusión a un rei, e o territorio que dito rei protexe ou dirixe que, en lugar de principado, podería referirse a un reino. Por exemplo, o ruso Княжество Московское, Kniázhestvo Mascóvscaie adoita interpretarse como Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova, pero podería tratarse de Reino de Moscova. Este foi o nome do estado ruso que existiu desde os século XIV até o XVI, que foi o sucesor do Rus de Kíiv (tamén coñecido como Principado de Kiev) nos seus territorios setentrionais e o predecesor do Tsarato ruso (en ruso, Царство Русское, Tsárstv Rúskaie) que á súa vez precedeu ao Imperio ruso.

De calquera maneira Knez non designa forzosamente o título máis elevado (por exemplo, o título de Tsar, que vén do latín Caesar). O único título oficial do Xefe do Estado ruso, até Iván o Terríbel foi o de Veliki Kniaz, é dicir, Gran Príncipe ou Gran Duque.

Hoxe en día Knez ou Кнез é un apelido común en Croacia, Serbia, Montenegro e Eslovenia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]