Saltar ao contido

Koto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fumie Hihara tocando un koto.

O koto ( ou ) é un instrumento de corda xaponés de orixe chinesa.

Este instrumento foi utilizado amplamente non só na interpretación da música tradicional, senón tamén en moitos xéneros contemporáneos.

Foi introducido desde a China durante a era Nara (710-793). Unha das obras máis coñecidas é Rokudan no Shirabe. Rokudan foi composta por Yatsuhashi Kengyō. Outra peza clásica moi coñecida é Haru non umi (Mar de primavera), de Michio Miyagi.

En época máis recente, foi utilizado pola banda de rock británica Queen, especialmente no disco A Night at the Opera, manexado por Brian May.

Hai varios tipos de koto:

  • O máis tradicional ten de 13 cordas.
  • O jūshichigen (lit. «17 cordas»), inventado polo soado músico Michio Miyagi (1894-1956).
  • Kotos de 23 e 30 cordas desenvolvidos por unha das máis famosas intérpretes contemporáneas: Keiko Nosaka.
  • Hachijūxene (lit. «80 cordas»), inventado por Michio Miyagi como un instrumento cromático que puidese axustarse aos requisitos técnicos das linguaxes musicais de tipo occidental. Este foi utilizado en só unha composición do mestre Miyagi. Desafortunadamente o único instrumento deste tipo foi destruído durante os bombardeos a Tokio, pero existe unha copia del no Museo de Michio Miyagi (Miyagi Michio Kinenkan) en Tokio.

Para pulsar o koto utilízanse tres uñas (tsume つめ) feitas de bambú ou marfil, colocadas sobre os dedos polgar, índice e medio da man dereita. A forma desas uñas varía de acordo coa escola de interpretación: Yamada e Ikuta. A función básica da man esquerda é a de premer nas cordas durante a execución, co fin de cambiar levemente a afinación e facer ornamentación sobre algúns sons.