LU-664
LU-664 Rolda de María Emilia Casas Baamonde | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 2,67 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | LU-546 Monforte de Lemos (norte) |
Fin | N-120a Monforte de Lemos (oeste) |
A LU-664[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia, coñecida como Rolda de María Emilia Casas Baamonde, que une as localidades de norte e oeste de Monforte de Lemos; situada no concello de Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 0,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-546 no norte de Monforte de Lemos e finaliza nun cruzamento coa N-120a no oeste de Monforte de Lemos.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1993 iniciáronse as obras de construción do primeiro tramo da rolda urbana, entre as rúas Doutor Casares e Chantada. Devandito tramo entrou en servizo en 1995 e recibe a denominación de Rolda de María Emilia Casas Baamonde.[3]
En 2007 inaugurouse o segundo tramo da estrada, dende a rúa Chantada á rúa Ourense, tras un investimento de 1,1 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.[4]
Nos cruzamentos coas rúas Corredoira e Abeledos construíronse dúas glorietas e puxeron en servizo a finais de 2018.[5]
Trazado
[editar | editar a fonte]A LU-664 está formada por dous treitos: dende a estrada LU-546 ata a rotonda do Hórreo, que recibe o nome de Rolda de María Emilia Casas Baamonde, e dende a rotonda do Hórreo ata a confluencia coa rúa Ourense:
- O primeiro treito comeza no cruzamento coas rúas San Pedro e a estrada LU-546, que tamén comeza nese cruzamento e recibe a denominación de rúa Doutor Casares. Ten cruces ou desvíos coas rúas do Caneiro, Santa Clara, A Veiga, Corredoira e Abeledos, e cos camiños da Barxa e dos Codesos. En parte do seu percorrido dispón dun carril de servizo na marxe dereita. O tramo finaliza na rotonda do Hórreo, onde conflúe coa estrada LU-617, que no seu tramo urbano recibe o nome de rúa Chantada.
- O segundo tramo comeza na rotonda do Hórreo. A escasos metros do seu inicio hai outra rotonda que permite desviarse cara á estrada da Vide (LU-P-3204). Dende ese punto e ata o final do tramo hai dous carrís de servizo, un en cada lateral, sen acceso á estrada. O tramo finaliza na rotonda onde conflúen a rúa Ourense e a estrada N-120a.
Está prevista a súa prolongación dende a confluencia coa rúa Ourense ata a estrada N-120.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "El ayuntamiento abre al tráfico un primer tramo de la variante urbana". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 1995.
- ↑ "Discurso conciliador del alcalde y escepticismo de los empresarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2007.
- ↑ "Ethel Vázquez supervisó las mejoras en la ronda de María Emilia Casas Baamonde, en Monforte". Diario de Lemos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2018.
- ↑ "A rolda urbana de Monforte será conectada á N-120 por 7,5 millóns". El Progreso. Consultado o 18 de novembro de 2023.