La Flèche Wallonne 2016
A 80ª edición da Frecha Valoa disputouse o mércores 20 de abril de 2016 na rexión da Valonia, en Bélxica. O percorrido foron 196 quilómetros ondulados e, a diferenza do 2015, comezou en Marche-en-Famenne e rematou como é habitual en Huy, na cima do famoso Muro de Huy.
Esta foi a segunda das Clásicas das Ardenas da tempada despois da Amstel Gold Race e antes da Liexa-Bastogne-Liexa. Tamén foi a décimo segunda carreira do UCI WorldTour 2016.
O gañador foi por terceira vez seguida e cuarta no seu palmarés (batendo así o récord de vitorias da carreira) o español do Movistar Team Alejandro Valverde que se impuxo no sprint final ao mozo francés do Etixx-Quick Step Julian Alaphilippe, que rematou na segunda posción por segunda vez consecutiva, e ao compañeiro do francés Daniel Martin.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O trazado foi lixeiramente cambiado con respecto á edición anterior. Os trocos máis visibles foron o cambio da saída a Marche-en-Famenne e o remplazameto da Côte des 36 Tournants por dous ascensos á Côte de Solieres. En total, a carreira incluíu doce muros, contando as tres subidas ao Muro de Huy.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na competición participaron 25 equipos: 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 199 ciclistas (8 por equipo, menos o Sky con 7). Destes 199 acabaron 163.
UCI WorldTour
[editar | editar a fonte]Equipo | País | Código |
---|---|---|
AG2R La Mondiale | Francia | ALM |
Astana | Casaquistán | AST |
BMC Racing Team | Estados Unidos | BMC |
Cannondale | Estados Unidos | CPT |
Dimension Data | Suráfrica | DDD |
Etixx-Quick Step | Bélxica | EQS |
FDJ | Francia | FDJ |
Giant-Alpecin | Alemaña | TGA |
IAM Cycling | Suíza | IAM |
Team Katusha | Rusia | KAT |
Lampre-Merida | Italia | LAM |
LottoNL-Jumbo | Países Baixos | TLJ |
Lotto-Soudal | Bélxica | LTS |
Movistar Team | España | MOV |
Orica-GreenEDGE | Australia | OGE |
Team Sky | Reino Unido | SKY |
Tinkoff | Rusia | TNK |
Trek-Segafredo | Estados Unidos | TFS |
Profesional Continental
[editar | editar a fonte]Equipo | País | Código |
---|---|---|
Cofidis | Francia | COF |
Delko–Marseille Provence KTM | Francia | DMP |
Fortuneo-Vital Concept | Francia | FVC |
Stölting Service Group | Alemaña | SSG |
Roompot–Oranje Peloton | Países Baixos | ROP |
Topsport Vlaanderen-Baloise | Bélxica | VSB |
Wanty-Groupe Gobert | Bélxica | WGG |
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
1º | Alejandro Valverde | Movistar Team | 4 h 43' 57" |
2º | Julian Alaphilippe | Etixx-Quick Step | m.t. |
3º | Daniel Martin | Etixx-Quick Step | + 4" |
4º | Wout Poels | Team Sky | + 5" |
5º | Enrico Gasparotto | Wanty-Group Gobert | m.t. |
6º | Samuel Sánchez | BMC Racing Team | m.t. |
7º | Michael Albasini | Orica-GreenEDGE | m.t. |
8º | Diego Ulissi | Lampre-Merida | m.t. |
9º | Warren Barguil | Team Giant-Alpecin | m.t. |
10º | Rui Costa | Lampre-Merida | m.t. |