Saltar ao contido

Larsa

Modelo:Xeografía políticaLarsa
Imaxe

Localización
Mapa
 31°17′09″N 45°51′13″L / 31.285833333333, 45.853611111111
EstadoIraq
ProvinciasDhi Qar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Identificador descritivo
Fuso horario

Larsa (a bíblica Ellasar[1]) foi unha cidade importante na antiga Mesopotamia. Está situada en Iraq na localidade de Senkereh, e a uns 24 km ao sueste das ruínas da cidade de Uruk.

A cidade de Larsa en Mesopotamia.

Aínda que é mencionada en inscricións que datan do 2700 a.C., Larsa non adquiriu relevancia política ata o 2500 a.C. en que consegue a independencia política de Ur da man do amorita Naplanum, pouco antes da destrución de Ur a mans dos Elamitas. A finais do século XX a.C. o rei Gungunum inicia o período de expansión de Larsa arrebatando a Isín o control das cidades de Ur e Lagash e aos Elamitas o control de Susa, tomou para si o título de rei de Sumer e Acad co que reclamaba a herdanza da III dinastía de Ur. Posteriormente, o rei Sumu-O conquistou Nippur, Kazallu e Kish co que se convertía no reino hegemónico da zona.

Na segunda metade do século XIX a.C. un personaxe cun nome elamita pero do que se cre que era amorreo, Kudur-mabuk, fíxose co control de Larsa sen que se saiba exactamente como, probablemente aproveitando as desestabilización política que deberon provocar as continuas guerras entre Isin e Larsa. Kudur-mabuk puxo no trono de Larsa ao seu fillo Warad-sen aínda que reinou persoalmente a través deste. A Waran-sen sucedeulle Rim-Sen co cal o reino de Larsa alcanzou o seu máximo apoxeo. Rim-Sen venceu a unha coalición de Uruk e Isin, conquistou Der, conquistou Uruk e finalmente venceu definitivamente a Isin en 1794 a.C.. Durante este período Larsa levo a cabo grandes obras de construción de templos, canles para favorecer a agricultura e favoreceuse á arte e a literatura.

A segunda metade do reinado de Rim-Sen, estivo marcado polo ascenso de Babilonia como potencia baixo a dirección de Hammurabi que subira ao trono en 1792 a.C.. Cara a 1785 a.C. Larsa perdeu as cidades de Isin e Uruk a mans de Babilonia e quedo subordinada politicamente a esta. Finalmente en 1763 a.C. Hammurabi anexiónase Larsa que xamais volveu recuperar a posición de poder que ostentara.

  1. Biblia:Xénese: 14,1

Táboa cronolóxica

[editar | editar a fonte]
Rim-Sin

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]