Laura Tato
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Laura Tato Fontaíña 14 de xullo de 1951 (73 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Laura Tato Fontaíña, nada en Vigo o 14 de xullo de 1951, é unha estudosa da literatura galega e especialista en teatro.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973 e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1996 pola Universidade da Coruña.[3] Tras exercer a docencia durante quince anos no ensino privado, foi Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa do Departamento de Letras[4] da Universidade da Coruña ata a súa xubilación en 2021. Reside en Ferrol.
Está especializada en teatro galego, sobre todo no da etapa anterior á guerra civil. Formou parte do equipo coordinador da Historia da Literatura Galega, en 5 volumes, publicada pola AS-PG e A Nosa Terra entre 1996 e 1998. Foi a directora filolóxica da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña de 2001 a 2004. Desde a súa creación, en 1997, dirixe a Serie Azul, 'Literatura Teatral Galega', das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña, da que é coordinadora científica.[5]
Foi candidata do Bloque Nacionalista Galego a senadora pola provincia da Coruña nas eleccións de abril e novembro de 2019.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]Laura Tato é autora de dous traballos deste tipo indispensábeis para coñecer o teatro posterior á guerra civil. Estes son:
- "O teatro actual", in V.V.A.A. (1996-1998): Historia da Literatura Galega, Vigo, A Nosa Terra. Volume V; p.p.: 1410-1440.
- "O teatro desde 1936", in Darío Villanueva (coordinador) (2001): Galicia. Literatura: A Literatura desde 1936 ata Hoxe: Poesía e Teatro, A Coruña, Hércules de Ediciones. Volume XXXIII; p.p.: 443-509.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O teatro de Eduardo Blanco Amor, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Teatro e Nacionalismo. Ferrol, 1915-1936 (1995). Laiovento.
- Teatro Galego (1915-1931) (1997). Laiovento.
- Historia do Teatro Galego. Das orixes a 1936 (1999) A Nosa Terra. ISBN 84-89976-98-8.
- Homenaxe a Carvalho Calero (2000, Concello de Ferrol).
- Escritos sobre teatro (2000). Biblioteca Arquivo Teatral "Francisco Pillado" UDC. ISBN 84-95322-57-9
- Literatura galega do século XX (2001). A Nosa Terra. ISBN 84-95350-33-5.
- A edición da poesía trobadoresca en Galiza (2008). Baía. ISBN 978-84-96893-65-8.
- Relación de noticias sobre teatro nos fondos da Biblioteca Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Maior' (1882-1975) (2009). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-340-6.
- Estudos galego-brasileiros 3. Lingua, literatura identidade (2009). De Letras. Servizo de Edicións da UERJ, Río de Xaneiro (Brasil). ISBN 978-85-60559-08-4.
- Estudos galego-brasileiros 4. Lingua, literatura identidade (2010). UdC. ISBN 978-84-7824-635-9
- Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro (2013). Toxosoutos. ISBN 978-84-15400-80-6.
- Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo (2013). Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-635-9.
Edicións
[editar | editar a fonte]- O Cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca (1994). Universidade da Coruña.
- O bufón d'El Rei, de Vicente Risco. A lagarada, de Ramón Otero Pedrayo (1997). AS-PG/A Nosa Terra.
- Donosiña: drama en tres autos e un prólogo, de Xaime Quintanilla (1997). Universidade da Coruña.
- Escritos sobre teatro, de Ricardo Carvalho Calero (2000). Universidade da Coruña.
- Luís Manteiga: Teatro Galego (2003). Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-129-X.
- O cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca. Edición crítica (2007). Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4543-6
- Azos de esguello, de Euloxio R. Ruibal (2010). Toxosoutos.
- O teatro nas Irmandades da Fala (2016). Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-97-7.
- Camino de Santiago, de Ramón Otero Pedrayo. Guión para una película (2018). Ed. Galaxia. ISBN 978-84-9151-175-5.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Memória acerca da Dramática Galega, de Galo Salinas, Cadernos de Teatro.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ricardo Carvalho Calero, a dignidade Persoal (1994). Concello de Ferrol. Con Pilar Pallarés.
- Rafael Dieste (1995). AS-PG. Con Pilar Pallarés.
- A casamenteira, de Antonio Benito Fandiño (2000). Linteo. Con Xosé Ramón Barreiro e Carmen Blanco.
- Literatura Galega: Século XX (2001). A Nosa Terra.
- ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, de Cándido A. González (2004). Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Xan Fraga.
- Documentos Para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) (2005). Universidade da Coruña. Con Silvana Castro García.
- Luís Manteiga: Intres (1934-1935) (2005). Ediciós do Castro. Con Manuel Ferreiro.
- Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry (2007) Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
- A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008). Baía Edicións. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
- Estudos Galego-Brasileiros. 3 (2009). De Letras (Río de Xaneiro. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
- Estudos galego-brasileiros. 4, Lingua, literatura, identidade (2010). Universidade da Coruña. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
- Modelos de lingua e compromiso (2014). Baía.
- Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954) (2014). eCental Folque. ISBN 978-84-940598-3-4.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañadora do IV Certame de Investigación Lingüística e Literaria Ricardo Carvalho Calero, convocado pola Asociación Cultural Medulio e o Concello de Ferrol, no 1993, por Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936.
- Gañadora do XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2013, por Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Laura Tato Fontaíña". pdi.udc.es. Consultado o 2021-09-11.
- ↑ "Laura Tato Fontaíña". scholar.google.es. Consultado o 2021-09-12.
- ↑ "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12.
- ↑ "Grupo de Invetigación Lingüística". illa.udc. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021.
- ↑ "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "[Senado] Candidatura pola Coruña". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-12.