Lautaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1535 Rexión de Biobío, Chile |
Morte | 29 de abril de 1557 (21/22 anos) Sagrada Familia, Chile |
Grupo étnico | Pobo mapuche |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro |
Carreira militar | |
Rango militar | toqui |
Conflito | Batalla de Tucapel |
Familia | |
Cónxuxe | Guacolda |
Lautaro (en mapuche: "Lef-Traru"; que é o nome en lingua mapuche da ave falconiforme Caracara plancus), finado o 29 de abril de 1557, foi un toqui mapuche coñecido por liderar a resistencia indíxena contra conquista española en Chile e desenvolveu as tácticas que continuarían a empregar os mapuches dureante a longa guerra de Arauco. Lautaro foi capturado polas forzas españolas sendo moi novo, e pasou a súa mocidade como servo persoal de Pedro de Valdivia, mais escapou en 1551. De novo entre a súa xente foi declarado toqui e liderou os guerreiros mapuches nunha serie de vitorias contra os españois, culminando na batalla de Tucapel en decembro de 1553, onde Pedro de Valdivia foi asasinado. Unha vaga de tifo, secas e fames evitaron que os mapuches tomaran máis accións para expulsar os españois durante os anos 1554 e 1555. Entre 1556 e 1557, un pequeno grupo de mapuches comandados por Lautaro tentaron chegar a Santiago para liberar a rexión do Chile central do goberno español. O intento de Lautaro rematou en 1557 cando foi asasinado nunha emboscada polos españois.
Hoxe en día, Lautaro é considerado polos mapuches e polos chilenos non mapuches como un símbolo de resistencia contra a conquista estranxeira, contra a servidume e a crueldade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crow, John A (1992). The Epic of Latin America (4th ed.). New York, NY: University of California Press. pp. 331–333.
- Cunninghame, Graham; Robert Bontine (1973). Pedro de Valdivia, Conqueror of Chile. Boston, MA: Milford House Inc.
- Ercilla, Alonso de. La Araucana (en Spanish). Eswikisource.
- Góngora Marmolejo, Alonso de (1960). Historia de Todas las Cosas que han Acaecido en el Reino de Chile y de los que lo han gobernado (1536–1575). Crónicas del Reino de Chile (en Spanish). Madrid, Spain: Atlas. pp. 75–224.
- Mariño de Lobera, Pedro (1960). Fr. Bartolomé de Escobar, ed. Crónica del Reino de Chile, escrita por el capitán Pedro Mariño de Lobera... reducido a nuevo método y estilo por el Padre Bartolomé de Escobar (1593). Crónicas del Reino de Chile (en Spanish). Madrid, Spain: Atlas. pp. 227–562.
- Prescott, William H (1843). History of the Conquest of Mexico and History of the Peru. New York, NY: The Modern Library.
- Vivar, Jerónimo de (1987). Crónica y relación copiosa y verdadera de los reinos de Chile (1558) (en Spanish). Madrid, Spain: ARTEHISTORIA REVISTA DIGITAL. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2008. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- Britannica Academic Edition (26 de agosto de 2010). "Lautaro". Consultado o 26 de agosto de 2010.