Leo Minor
Leo Minor | |
---|---|
Nome latino | Leo Minor |
Abreviatura | LMi |
Xenitivo | Leonis Minoris |
Simboloxía | O león pequeno |
Ascensión recta | 10 h |
Declinación | 35° |
Área | 232 graos cadrados
Rango 64º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | 46 LMi (Praecipua)
(magnitude ap. 3,83) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −45°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril | |
Leo Minor ou León Menor[1] é a constelación máis pequena: apenas pode ser recoñecida coma un triángulo e está situada entre as facilmente recoñecibles Ursa Major e Leo. A diferenza de Leo non pertence á antiga lista de 48 constelacións debuxadas por Tolomeo no segundo século A.C, se non que foi creada por Johannes Hevelius no 1687.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- β Leonis Minoris, aínda que é a única con letra grega na constelación, non é a estrela máis brillante (magnitude 4,21). É unha binaria cunha compoñente principal que é unha xigante amarela.
- 46 Leonis Minoris (Praecipua), con magnitude 3,83, é a máis brillante aínda que non teña designación de Bayer. É unha xigante laranxa a 98 anos luz.
- 21 Leonis Minoris, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,48, a terceira máis brillante da constelación.
- 20 Leonis Minoris, estrela binaria formada por unha anana amarela e unha anana vermella activa a 49 anos luz.
- R Leonis Minoris, variable tipo Mira, con magnitude variable entre 6,3 e 13,2 nun ciclo de 372,19 días.
- RY Leonis Minoris (G117-B15A), anana branca variable do tipo ZZ Ceti.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]Leo Minor non contén obxectos do espazo profundo. O máis brillante é a galaxia NGC3003, de magnitude 11,7 e un tamaño angular de 5,9 arcmin.
Destaca-lo misterioso obxecto do espazo profundo coñecido coma Hanny's Voorwerp (do alemán obxecto de Hanny) que foi descuberto no 2007 por un profesor de escola alemán chamado Hanny van Arkel cando participaba coma voluntario no proxecto Galaxy Zoo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leo Minor |