Leon Battista Alberti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Leon Battista degli Alberti 14 de febreiro de 1404 Xénova (República de Xénova) |
Morte | 25 de abril de 1472 (68 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Basílica da Santa Cruz 43°46′06″N 11°15′46″L / 43.76845, 11.262739 |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Boloña - dereito (1421–1425) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, art theory (en) , arquitectura, Humanismo, escultura, Cifrado, ecclesiastical law (en) , edifício histórico (pt) e Renacemento |
Lugar de traballo | Roma (1443 (Gregoriano)–1472 (Gregoriano)) Florencia (1439 (Gregoriano)–1443 (Gregoriano)) Ferrara (1438 (Gregoriano)–1439 (Gregoriano)) Florencia (1434 (Gregoriano)–1437 (Gregoriano)) Roma (1432 (Gregoriano)–1434 (Gregoriano)) Padua (1416 (Gregoriano)–1428 (Gregoriano)) Boloña |
Ocupación | filósofo, dramaturgo, matemático, pintor, medallista, organista, artista, científico, teórico da arte, humanista, escritor, musicólogo, criptógrafo, lingüista, escultor, poeta, teórico da arquitectura, arquitecto, teórico da música, oficial |
Período de actividade | 1419 - 1472 |
Movemento | Renacemento italiano |
Profesores | Gasparino Barzizza (pt) |
Instrumento | Órgano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Leon Battista Alberti, 68) Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.18, Leon Battista Alberti architetto fiorentino) Schilderboeck (pt) , (sec:T'leven van Leon Baptista Alberti, Florentijnsch Schilder, en Bouwmeester., M129) |
Leon Battista Alberti, nado en Xénova en 1404 e finado en Roma en 1472, foi un arquitecto, pintor, matemático, poeta, lingüista, filósofo, músico e arqueólogo italiano. Trátase dunha das figuras máis representativas do ideal do home do Renacemento xunto a Leonardo da Vinci. A súa biografía está descrita no libro de Giorgio Vasari, Vite.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alberti, nado en Xénova, é fillo ilexítimo dunha familia de comerciantes florentinos. Os primeiros estudos realízaos en Venecia e Padua. Na Universidade de Boloña estuda leis e grego. No ano 1421 comeza a carreira eclesiástica. No ano 1431 é nomeado secretario do patriarca de Grado, en 1432 foi transferido a Roma.
Alberti dedicouse á actividade literaria dende moi novo. En Boloña escribe unha comedia autobiográfica en latín, Philodoxus (Amante da Gloria). Escribe tamén tratados de arquitectura como De re aedificatoria (1452), onde expón novos métodos de fortificación, de pintura De pictura (1435), traducido polo propio Alberti ao romance co título de Della pittura, que contén o primeiro estudo científico da perspectiva, ou de escultura como Della statua.
No ano 1433 Alberti comezou a compoñer catro libros en italiano coñecidos como os Libri della Famiglia, considerada a súa obra mestra, rematada en 1441. En Rime (1441), colección de poesía en italiano, anóvaa no estilo e na métrica. No ano 1437 escribe Apologi, especie de breviario da súa filosofía de vida.
En arquitectura foi un dos iniciadores da volta á linguaxe formal da arquitectura clásica. Deseñou e construíu as igrexas de Sant'Andrea en Mantua, San Francesco en Rímini e Santa Maria Novella en Florencia, e palacios renacentistas como o Palazzo Rucellai (1450-1460).
Foi un dos maiores organistas da súa época, e está considerado como o pai da criptografía occidental.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leon Battista Alberti |