Saltar ao contido

Leonardo DiCaprio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeonardo DiCaprio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Leonardo Wilhelm DiCaprio Editar o valor en Wikidata
11 de novembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles
Battery Park City (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano e Irrelixión Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohn Marshall High School (en) Traducir
UCLA Lab School (en) Traducir
Los Angeles Center for Enriched Studies (en) Traducir
Young Actors Space Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, produtor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, guionista, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
SAG-AFTRA (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado235 M$ (2015) Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMartin Scorsese: Martin Scorsese and Leonardo DiCaprio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaGigi Hadid (2022–2023)
Camila Morrone (2017–2022)
Nina Agdal (2016–2017)
Kelly Rohrbach (2015–2016)
Toni Garrn (2013–2014)
Blake Lively (2011–2011)
Erin Heatherton (2010–2012)
Bar Refaeli (2005–2011)
Gisele Bündchen (2000–2005)
Helena Christensen (1997–1997) Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge DiCaprio Editar o valor en Wikidata  e Irmelin DiCaprio Editar o valor en Wikidata
ParentesAdam Farrar, meio-irmão
Helene Indenbirken, avoa materna Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000138 Allocine: 12972 Rottentomatoes: celebrity/leonardo_di_caprio Allmovie: p18926 Metacritic: person/leonardo-dicaprio TV.com: people/leonardo-dicaprio
Facebook: LeonardoDiCaprio Twitter: LeoDiCaprio Instagram: leonardodicaprio MySpace: leonardodicaprio BNE: XX1109981 Dialnet: 2551188 Musicbrainz: d99c2fa8-7e28-4b9d-9edd-c97443f3cca9 Songkick: 2093097 Discogs: 1408345 WikiTree: DiCaprio-4 Genius: Leonardo-dicaprio Editar o valor en Wikidata

Leonardo Wilhelm DiCaprio, nado nos Ánxeles (California) o 11 de novembro de 1974[1], é un actor e produtor estadounidense. Foi nomeado a cinco Premios Óscar e dez Globos de Ouro. Na 88ª edición dos Óscar gañou o Óscar ó mellor actor polo seu papel no filme The Revenant. Gañou dous Globos de Ouro ó mellor actor dramático polas súas interpretación nos filmes The Aviator (2004) e The Revenant (2015), e o Globo de Ouro ó mellor actor de comedia ou musical por The Wolf of Wall Street (2013). Tamén foi nomeado ós Screen Actors Guild, Satellite Awards e ós British Academy of Film and Television Arts.[2]

DiCaprio comezou a súa carreira aparecendo en varios anuncios comerciais de televisión antes de converterse nunha personaxe recorrente de series de televisión como Santa Barbara ou Growing Pains de comezos dos anos 1990. A súa estrea nun gran filme foi This Boy's Life (1993) xunto con Robert De Niro. DiCaprio gañou recoñecemento polo seu papel seguinte en What's Eating Gilbert Grape (1993), así como por protagonizar The Basketball Diaries (1995) e Romeo + Juliet (1996). Acadou a fama internacional polo seu papel como Jack en Titanic (1997) de James Cameron.

Dende a década do 2000, DiCaprio recibiu aclamacións da crítica polo seu traballo en filmes como Catch Me If You Can (2002), Gangs of New York (2002), Diamante de sangue (2006), Infiltrados (2006), Revolutionary Road (2008), Shutter Island, Orixe (2010) e Django Unchained (2012).[3] DiCaprio posúe a súa propia produtora chamada Appian Way Productions. Un comprometido defensor do medio ambiente, DiCaprio recibiu louvanzas de grupos ecoloxistas polo seu activismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de George DiCaprio, autor, produtor e distribuidor de banda deseñada underground[4], e Irmelin Idenbirkin. O seu pai é metade italo-estadounidense e metade xermano-estadounidense. A súa nai é alemá. O nome de Leonardo vén porque mentres a súa nai estaba embarazada, fronte a unha pintura de Leonardo da Vinci en Italia, el pateou dentro do ventre, iso fixo que ela decidise chamalo como o famoso artista. Os seus pais divorciáronse cando tiña un ano de idade. Medrou en Boto Park, Os Ánxeles, California.

Leonardo DiCaprio (á esquerda), Martin Scorsese e Cameron Diaz.

A súa carreira como actor iniciou en 1990 cando formou parte do elenco da serie de televisión baseada no filme Parenthood. O seu seguinte proxecto televisivo sería a exitosa telecomedia Growing Pains, en cuxas últimas tempadas participou comezando a adquirir popularidade en EUA. O seu debut na pantalla grande fíxoo na película Critters 3 (1991).

En 1993 traballou con Robert De Niro e Ellen Barkin en This Boy's Life e en 1996, protagonizou Romeo + Juliet, nunha versión moderna do clásico de Shakespeare.

En 1997 convértese en superestrela e ídolo de mozas cando interpreta o personaxe de Jack Dawson en Titanic. Esta película converteuse no filme máis comercial de todos os tempos e gañou 11 Premios Óscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Traballou ademais con algúns dos mellores directores de cine, por exemplo Steven Spielberg, Martin Scorsese, Sam Raimi, James Cameron ou Woody Allen entre outros.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
DiCaprio no ano 2000.

Leonardo saíu oficialmente coa supermodelo brasileira Gisele Bündchen desde o 2002, pero terminaron en 2005. Dende 2006, a súa parella é a supermodelo israelí Bar Refaeli.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Cine
Ano Título Papel Notas
1991 Critters 3 Josh
1992 Poison Ivy Mozo
1993 This Boy's Life Tobias "Toby" Wolff
1993 What's Eating Gilbert Grape Arnie Grape
1994 The Foot Shooting Party Bud
1995 The Quick and the Dead Fee Herod, "The Kid"
1995 Diario dun rebelde Jim Carroll
1995 Total Eclipse Arthur Rimbaud
1996 Romeo + Juliet Romeo
1996 O cuarto de Marvin Hank
1997 Titanic Jack Dawson
1998 The Man in the Iron Mask Rei Lois XIV de Francia/Philippe
1998 Celebrity Brandon Darrow
2000 The Beach Richard
2001 Don's Plum Derek
2002 Catch Me If You Can Frank William Abagnale Jr.
2002 Gangs of New York Amsterdam Vallon
2004 The Aviator Howard Hughes
2006 Infiltrados Billy Costigan
2006 Diamante de sangue Danny Archer
2007 The 11th Hour Narrador/Produtor Documental
2008 Rede de mentiras Roger Ferris
2008 Revolutionary Road Frank Wheeler
2010 Shutter Island Teddy Daniels
2010 Orixe Dom Cobb
2011 J. Edgar J. Edgar Hoover
2012 Django Unchained Calvin Candie
2013 The Great Gatsby Jay Gatsby
2013 The Wolf of Wall Street Jordan Belfort
2015 The Revenant Hugh Glass
Televisión
Ano Título Papel Notas
1989 The New Lassie Glen Episodio: "New Generation"
Episodio: "Snake Pit"
1990 The Outsiders Rapaz loitando Episodio: "Pilot"
1990 Parenthood Garry Buckman
1990 The New Lassie Mozo novo Episodio: "Livewire"
1990 Santa Barbara Mason Capwell mozo
1991 Roseanne Darlene's Classmate Episodio: "Home-Ec"
1991–1992 Growing Pains Luke Brower
2008-2010 Greensburg Produtor executivo e co-creador
2014 Saturday Night Live Cameo Programa: "Jonah Hill/Bastille"
Filme
Ano Título Notas
2004 O asasinato de Richard Nixon Produtor executivo
2004 The Aviator Produtor executivo
2007 The 11th Hour Produtor
2007 Gardener of Eden Produtor
2008–2010 Greensburg Producer
2009 Orfa Produtor
2011 Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? Produtor
2011 The Ides of March Produtor executivo
2013 Runner, Runner Produtor
2013 Out of the Furnace Produtor
2013 The Wolf of Wall Street Produtor
2014 Virunga Produtor executivo
2014 Cowspiracy Produtor executivo
Ano Categoría Película Resultado
2015 Óscar ó mellor actor The Revenant Gañador
2013 Óscar ó mellor filme The Wolf of Wall Street Candidato
2013 Óscar ó mellor actor The Wolf of Wall Street Candidato
2006 Óscar ó mellor actor Diamante de sangue Candidato
2004 Óscar ó mellor actor The Aviator Candidato
1993 Óscar ó mellor actor secundario What's Eating Gilbert Grape Candidato
Ano Categoría Película Resultado
2015 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama The Revenant Gañador
2013 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical The Wolf of Wall Street Gañador
2012 Globo de Ouro ó mellor actor secundario Django Unchained Candidato
2011 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama J. Edgar Candidato
2008 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Revolutionary Road Candidato
2006 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Blood Diamond Candidato
2006 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Infiltrados Candidato
2004 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama The Aviator Gañador
2002 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Catch Me If You Can Candidato
1997 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Titanic Candidato
1993 Globo de Ouro ó mellor actor secundario What's Eating Gilbert Grape Candidato
Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor actor The Revenant Candidato
2011 Mellor actor J. Edgar Candidato
2006 Mellor actor Blood Diamond Candidato
2006 Mellor actor secundario Infiltrados Candidato
2004 Mellor actor The Aviator Candidato
  1. Catalano, Grace (1997). Leonardo DiCaprio: Modern-Day Romeo. New York, New York: Dell Publishing Group. pp. 7–15. ISBN 0-440-22701-1. 
  2. "Awards for Leonardo DiCaprio". imdb. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  3. "Most Successful Movies of Leonardo DiCaprio". User schwatzerabt with information from Boxofficemojo.com. 1 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2011. 
  4. Film Reference

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]