Saltar ao contido

Liliʻuokalani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiliʻuokalani

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(haw) Lili‘uokalani Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(haw) Lydia Liliʻu Loloku Walania Kamakaʻeha Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1838 Editar o valor en Wikidata
Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1917 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo Real de Hawai Editar o valor en Wikidata
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa de Hawai Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, monarca, compositora, autobiógrafa Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Hawaiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRaíña rexente Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Kalākaua Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJohn Owen Dominis (1862–1891) Editar o valor en Wikidata
FillosJohn ʻAimoku Dominis Editar o valor en Wikidata
PaisKapaakea Editar o valor en Wikidata  e Keohokālole Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Kaiulani
Kekāuluohi Likelike
Kaʻiminaʻauao
Kalākaua
Leleiohoku II
Kaliokalani
Bernice Pauahi Bishop Editar o valor en Wikidata
ParentesKōnia, pai adoptivo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0510253 BNE: XX1558026 Musicbrainz: a8c2ed6a-cbcd-4435-bc17-b97234c74cad Discogs: 826309 IMSLP: Category:Liliuokalani WikiTree: Kapaakea-3 Find a Grave: 10961 Editar o valor en Wikidata
Escudo de armas do Reino de Hawai.

Liliʻuokalani, nada o 2 de setembro de 1838 en Honolulu e finada o 11 de novembro de 1917 na mesma cidade, foi a derradeira monarca e a única raíña do Reino de Hawai. Naceu co nome de Lydia Liliʻu Loloku Walania Wewehi Kamakaʻeha pero era coñecida polo nome Lydia Kamakaʻeha Pākī. Cando casou pasou chamarse Lydia K. Dominis e como raíña Liliʻuokalani.

Seguindo a tradición hawaiana Liliʻuokalani foi adoptada por Abner Paki e a súa muller, Konia (unha filla adoptiva do rei Kamehameha I). Pasou a infancia entre os estudos e os xogos con Bernice Pauahi, filla natural da súa familia adoptiva. Neste período no que acudiu á Escola Real aprendeu un bo inglés.

O 16 de setembro de 1862 casou con John Owen Dominis, que sería Gobernador Real de Oʻahu e Maui. A parella non tivo fillos, polo que o herdeiro de Liliʻuokalani foi, durante moitos anos, a súa sobriña Victoria Kaʻiulani (1875-1899), que faleceu antes que ela.

Liliʻuokalani herdou o trono do seu irmán Kalākaua o 17 de xaneiro de 1891. Ao pouco tempo de alcanzar o poder tentou abolir a constitución entón vixente para preparar unha nova que renovase o poder da monarquía. Sentíndose ameazados pola proposta real de abolición da constitución (e os dereitos que alí se contiñan), os numerosos norteamericanos e europeos residentes no Reino de Hawai, conseguiron que a soberana abdicase de feito por atentar contra as garantías constitucionais.

A tales turbacións uníronse outras: o comercio sufriu fortes repercusións negativas, en especial cando os Estados Unidos bloquearon as tarifas da importación do azucre hawaiano, e cando se lanzou a idea de anexionar as Illas Hawai por parte daqueles. Esta última manobra sinalou o inicio do fin da monarquía: o ministro americano John L. Stevens ordenou ao "USS Boston" que se mantivese amarrado nas Hawai para protexer os intereses comerciais americanos, sendo a raíña forzada a aceptar a abdicación, que tivo lugar o 17 de xaneiro de 1893, e que foi seguida pola instauración dun goberno provisional.

Á vista dos acontecementos internos e a crecente presión externa, o 16 de novembro o mesmo goberno provisorio propuxo a Liliʻuokalani que subise de novo ao trono a cambio dunha amnistía para os responsábeis da revolta, mais como resposta a exraíña declarou que habería condenar a morte a todos os responsábeis. O 18 de decembro Liliʻuokalani retirou tales afirmacións, de xeito que o presidente norteamericano Grover Cleveland, presentou unha relación do sucedido ao Congreso dos Estados Unidos na que pedía ao goberno provisorio das Hawai que aceptase a reasunción do trono pola exraíña, mais nese punto foi o propio goberno hawaiano o que refugou a oferta.

Imaxe oficial da raíña Liliʻuokalani.

O 16 de xaneiro de 1895 foi proclamada a República das Hawai que, como era de prever, en 1898 foi anexada aos Estados Unidos.

Liliʻuokalani viviu como cidadá particular en Washington Place (Hawai) ata 1917, ano da súa morte.

Árbore xenealóxica

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Kameʻeiamoku de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
8. Kepoʻokalani de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Kamakaeheikuli de Kohala
 
 
 
 
 
 
 
4. Kamanawa II de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. KalaninuiʻIamamao de Kaʻū
 
 
 
 
 
 
 
9. Alapaʻiwahine de Kaʻū
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Kaoʻlanialiʻi de Kaʻū
 
 
 
 
 
 
 
2. César Kaluaiku Kapaʻakea de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Kaʻihelemoana
 
 
 
 
 
 
 
10. Kanepawale
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Kaʻopa
 
 
 
 
 
 
 
5. Kamokuiki
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Kaʻehunuiamamaliʻi
 
 
 
 
 
 
 
11. Uaua
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Koʻi
 
 
 
 
 
 
 
1. Liliʻuokalani de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Kameʻeiamoku de Kauaʻi (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
12. Kepoʻokalani de Kauaʻi (= 8)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Kamakaeheikuli de Kohala (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
6. ʻAikanaka de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Keaweaheulu de Waiʻanae
 
 
 
 
 
 
 
13. Princesa Keohohiwa de Hilo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Raíña Ululani Nui de Hilo
 
 
 
 
 
 
 
3. Analea Keohokālole de Kauaʻi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Kamakakaualiʻi da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
14. Kahoalani Eia da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Kapalaoa
 
 
 
 
 
 
 
7. Kamaʻeokalani da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Príncipe Ahaula da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
15. Keakaula da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa Kawehe da Illa de Hawai
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Kalākaua
Raíña de Hawai
1891 - 1893
Sucesor:
Sanford Ballard Dole

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]