Locución latina
Aparencia
Unha locución latina é unha expresión latina utilizada en galego cun significado próximo ao orixinal. O latín foi a lingua da cultura e da ciencia até o século XVIII o que mantivo vivas moitas expresións na linguaxe legal, filosófica, técnica, relixiosa, médica e científica.
Latinismos
[editar | editar a fonte]Chámase latinismo a unha palabra que apenas mudou na súa forma desde a súa orixe en latín. Así utilízanse en galego palabras como álbum, currículum, campus etc.
Locucións latinas
[editar | editar a fonte]Cando se conservan en forma de expresións, fálase de locucións. Unha locución é un grupo de palabras que se utilizan habitualmente xuntas. Na súa orixe, utilizábanse separadas mais conservámolas só como expresións.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Ab aeterno é unha expresión latina utilizada en Teoloxía que significa desde sempre.
- Ad libitum (ao gusto) utilízase en Música para sinalar que a obra permite a interpretación con ou sen instrumento.
- Ad kalendas graecas significa literalmente até as quendas gregas.
- Alea iacta est significa Os dados están lanzados interpretada como ‘A sorte está botada’.
- Bona fide significa literalmente de boa fe, con boa intención.
- Calamo currente significa sen reflexión previa, de súpeto.
- Carpe diem significa atrapa o día e tense utilizado en Filosofía para expresar o desexo de vivir ao día, ao máximo.
- Conditio sine qua non significa literalmente condición sen a cal non.
- Contra proferentem úsase en dereito para protexer contra cláusulas abusivas en contratos.
- De incognito significa "descoñecido". Emprégase para dicir que unha persoa constituída en dignidade quere pasar como descoñecida, e que non se lle trate coas cerimonias e etiqueta que lle corresponden.[1]
- Deo volente, literalmente queréndoo Deus, é dicir, se Deus quere.
- Ex facto oritur ius, ou sexa, o dereito xorde do feito. Úsase en dereito para indicar que as obrigas e dereitos xurídicos xorden dos feitos.
- Ex professo, a propósito, para esa fin explícita.
- Extra muros significa literalmente "fóra das murallas". Fóra do recinto dunha cidade, vila ou lugar.[2]
- Facta, non verba significa literalmente "Feitos, non palabras". Para indicar que unha situación esixe acción, ou que xa non se ten ganas de palabrerías.[3]
- In articulo mortis significa "en situación de morte". Para indicar que algo se fai baixo esa ameaza ou circunstancia.
- Mutatis mutandis, grosso modo, sen considerar os cambios ou diferenzas.
- O tempora, o mores! significa, literalmente, Oh tempos!, oh costumes!, no sentido de como, ao parecer de cadaquén, calquera tempo pasado foi mellor, ou ben se fai mención ao rápido cambio de costumes e usos co paso do tempo.
- Pro indiviso significa literalmente "sen dividir". Dise das cousas, obxectos ou cantidades de diñeiro que non se poden dividir entre os propietarios.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Usos na prensa Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Usos na prensa Arquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ "Usos na prensa.". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ "Usos na prensa.". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camacho Becerra, H., Comparán Rizo, J. J. e Castillo, F. (1998). Manual de etimologías grecolatinas. México: Limusa (en castelán).
- Gernaert Willmar, L. R. R. (2000). Diccionario de Aforismos y Locuciones Latinas de Uso Forense. Buenos Aires: Lexis Nexis (en castelán).
- Moisés, M. (1997). Dicionário de termos literários. São Paulo: Cultrix.
- Soberanes Fernández, J. L., Islas Colín, A. e Lézé, F. (2008). Locuciones latinas jurídicas. Madrid: Porrúa (en castelán).