Saltar ao contido

Louis Jean Marie Daubenton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis-Jean-Marie-Daubenton

Retrato de Daubenton, por A. Roslin (1791)
Nome orixinal(fr) Louis Jean-Marie Daubenton Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1716
Montbard, ducado de Borgoña
Morte31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800
París
Causa da morteapoplexía
Cargos
Colaborador da Encyclopédie, membro do Colexio de Francia, membro da Academia de Ciencias de Francia, director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, senador de Francia
Datos persoais
Outros nomesDaubenton
País de nacionalidadefrancesa
Formación profesionalAnatomía, Medicina
EducaciónUniversidade de Reims
Actividade
Campo de traballoHistoria natural Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, anatomista, mineraloxista e naturalista
EmpregadorÉcole nationale vétérinaire d'Alfort (en) Traducir (1783–)
Collège de France (pt) Traducir (1778–1800)
Royal garden of medical plants (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMarguerite Daubenton Editar o valor en Wikidata
IrmánsPierre Daubenton Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Royal Society
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSalmonsens Konversationsleksikon (en) Traducir
Nordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1632833
Gravado cun retrato de Louis Daubenton, de Adrien Feart.
Monumento a Daubenton, no Parc Buffon de Montbard.

Louis-Jean-Marie D’Aubenton (máis coñecido, simplemente, como Daubenton), nado en Montbard, ducado de Borgoña, o 29 de maio de 1716, e finado en París, o 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800, foi un médico, anatomista, mineraloxista e naturalista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Daubenton foi enviado a polo seu pai a París para estudar teoloxía, pero seguiu en segredo cursos de medicina e anatomía.

En 1739, tres anos despois da morte de seu pai, Daubenton instalouse en Reims, en cuxa univesidade doutorouse en medicina en 1741. Despois de obter este grao, volveu á súa cidade natal para exercer a profesión de médico.

Na mesma época, Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, tamén nacido en Montbard e amigo da infancia de Daubenton, chamouno para traballar con el no Xardín do Rei de París, para que o axudara nas tarefas de disección e estudos anatómicos. Daubenton e Buffon traballaron xuntos durante dez anos na Historia natural dos animais.[1]

Daubenton describiu cerca de 200 especies de cuadrúpedes, cunha precisión sen precedentes. Este traballo foi considerado o punto de partida da moderna anatomía comparada.[1]

Daubenton foi un dos primeiros naturalistas en aplicar a anatomía comparada ás especies fósiles, refutando así a suposta existencia de xigantes.

En 1778 Daubenton pasou a ser profesor de historia natural no Colexio de Francia. En 1783, era profesor de economía rural no Colegio d'Alfort e, en 1795, impartiu clases na Escola Normal Superior de París.[1]

Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, para a que redactou un gran número de memorias. Escribiu tamén diversos artigos para a Encyclopédie.

Coa Revolución francesa o Gabinete do Rei converteuse no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e Daubenton no seu primeiro director.

Atribúese a Dabubento a naturalización de ovellas españolas en Francia, e publicou varios libros sobre como criar estes animais.[1]

Como médico, recomendou as pílulas de ipecacuaña, que se chamaron na época pílulas de Daubenton.[1]

En decembro de 1799 Daubenton foi elixido membro do Senado, pero morreu pouco despois a causa dunha crise de apoplexía.

Filosofía natural

[editar | editar a fonte]

Ao igual que Buffon, Daubenton desconfiaba do carácter obxectivo da sistemática, especialmente da linneana, e defendía construíla a partir da organización completa dos animais e non de certos caracteres.

Pero a diferenza de Buffon, rexeitaba o gradualismo na escala dos seres e mantiña unha visión da xerarquía animal moito máis estática. O seu concepto de especie, fundamentado na constancia dos caracteres morfolóxicos, era tipolóxico.

De aí tamén que a anatomía comparada xogase na súa obra un papel moito máis fundamental que na de Buffon.

Obra principal

[editar | editar a fonte]
  • Instruction pour les bergers et pour les propriétaires de troupeaux (1782).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]