Luís González-Redondo Maseda
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Mondoñedo |
Alcalde de Mondoñedo | |
1974 – 1979 ← Enrique Cabanela Álvarez – Ramón Fernández Gacio → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Familia | |
Pai | Jorge González-Redondo Serrano |
Luís González-Redondo Maseda, nado en Mondoñedo, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jorge González-Redondo Serrano. Foi nomeado alcalde de Mondoñedo en 1974. Permaneceu no cargo até as primeiras eleccións democráticas. Nas eleccións xerais de 1979 foi candidato número 3 de Alianza Popular pola provincia de Lugo,[1] pero non resultou elixido. Foi presidente da xunta local de AP de Mondoñedo, cargo de que dimitiu en 1983.[2] Foi presidente de Cáritas Interparroquial de Mondoñedo.
Predecesor: Enrique Cabanela Álvarez |
Alcalde de Mondoñedo 1974 - 1979 |
Sucesor: Ramón Fernández Gacio |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de la Luz Neira Rodríguez.