Luis Alberto Romero Alconchel
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1992 (32 anos) San José del Valle, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League e Lega Calcio Serie A | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Mediocampista ofensivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 21 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Luis Alberto Romero Alconchel, nado en San José del Valle (Cádiz) o 28 de setembro de 1992, é un futbolista español. Pode ocupar as posicións tanto de mediapunta coma de extremo e o seu actual equipo é o Al-Duhail de Qatar.
Formado na canteira do Sevilla, debutou co primeiro equipo en 2011, antes de ser cedido ao Barcelona B. En 2013 foi traspasado ao Liverpool, co que xogou durante unha tempada na Premier League, sendo cedido nas dúas seguintes ao Málaga e ao Deportivo da Coruña. A continuación militou durante oito anos na Lazio (2016-2024), equipo co que gañou unha Copa Italia e dúas Supercopas de Italia. Foi internacional coa selección española nunha ocasión, en 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sevilla B
[editar | editar a fonte]Nado en San José del Valle, na provincia de Cádiz, formouse como futbolista nas canteiras do Xerez e do Sevilla, ingresando neste último con 12 anos.[1] Na tempada 2009/10 subiu ao Sevilla Atlético, da Segunda División B, co que disputou 15 partidos esa tempada, anotando tres goles. Na seguinte campaña elevou a súa conta goleadora ata os 15 tantos, sendo o terceiro máximo artilleiro do Grupo 4 de Segunda B, só por detrás do seu compañeiro Rodri Ríos e de Chando. Marcou outro gol na promoción de ascenso ante o Real Unión, pero o seu equipo caeu eliminado na seguinte rolda contra o Guadalajara.
Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo da man do adestrador Gregorio Manzano. Foi nun partido da Copa do Rei, tamén contra o Real Unión, no que ingresou ao campo no minuto 69 como substituto de Alejandro Alfaro.[2] O 16 de abril de 2011 disputou o seu primeiro partido na Primeira División, xogando a media hora final nunha derrota por 1-0 contra o Getafe no Coliseum Alfonso Pérez.[3] Na tempada 2011/12 continuou compaxinando o filial con algúns partidos do primeiro equipo.
Barcelona B
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2012/13 foi cedido ao Barcelona B, da Segunda División. Foi titular en case tódolos partidos da tempada e acabou como o segundo máximo goleador do equipo de Eusebio, só por detrás de Deulofeu.
Liverpool
[editar | editar a fonte]En xuño de 2013 foi traspasado ao Liverpool, que pagou por el algo máis de oito millóns de euros.[4] No equipo vermello coincidiu co valenciano José Enrique e co galego Iago Aspas. Debutou na Premier League o 1 de setembro, nun partido ante o Manchester United en Anfield, disputando os últimos sete minutos tras substituír a Philippe Coutinho.[5] A continuación xogou un partido nas filas do equipo sub-21, marcando un triplete diante do Sunderland sub-21, antes de volver ao equipo principal. Con todo, contou con pouco protagonismo no equipo dirixido por Brendan Rogers, contabilizando só 135 minutos en liga, repartidos en nove encontros, nos que tivo como momento máis destacado unha asistencia nun gol de Luis Suárez.[6] Xogou ademais dous encontros da FA Cup e outro da EFL Cup, para un total de 12 partidos co Liverpool.
Málaga
[editar | editar a fonte]Na tempada 2014/15 xogou cedido no Málaga, da Primeira División. Realizou un gran debut, marcando o único gol da vitoria por 1-0 sobre o Athletic Club,[7] pero finalmente acabou sen apenas protagonismo e pasándoo mal no club andaluz.[8][9] Disputou 15 partidos de liga, só 6 deles como titular, rematando o equipo na novena posición da táboa. Xogou tamén cinco partidos da Copa do Rei, acadando os cuartos de final.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O 6 de xullo de 2015 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido por unha tempada polo Liverpool.[10] Debutou coa camiseta branquiazul na segunda xornada de liga, actuando como titular ante o Valencia en Mestalla, aínda que tivo que ser substituído antes da media hora por un golpe nun nocello.[11] Foi titular durante case toda a tempada ás ordes de Víctor Sánchez, xogando primeiro como extremo dereito e máis tarde de dianteiro centro xunto a Lucas,[12] e as súas boas actuacións convertérono nun dos mellores xogadores do equipo esa tempada.[8] O seu balance final no Deportivo foi de 31 partidos, 6 goles e 7 asistencias.
Lazio
[editar | editar a fonte]Ao remate da súa cesión na Coruña, regresou a Liverpool, pero non conseguiu convencer ao adestrador Jürgen Klopp, polo que ese mesmo verán foi traspasado definitivamente á Lazio, da Serie A italiana.[13] Na súa primeira tempada en Roma só contou con 361 minutos de xogo en liga, nos que tivo tempo a marcar un gol e repartir dúas asistencias. Xogou tamén os últimos minutos da final da Copa Italia que o seu equipo perdeu contra a Juventus no Olímpico de Roma. Con todo, xa no seu segundo ano, converteuse nun titular indiscutible para o técnico Simone Inzaghi, anotando 12 goles e dando 19 asistencias. Esa mesma tempada gañou o seu primeiro título, a Supercopa de Italia, marcando o primeiro dos goles ante a Juventus (1-3),[14] e debutou en competición europea, disputando a Europa League, torneo no que participou varias veces nos seguintes anos.
Na tempada 2018/19 gañou a Copa Italia, ao vencer á Atalanta na final.[15] Na seguinte campaña a Lazio rematou a liga na cuarta posición, polo que puido participar na seguinte edición dunha Liga de Campións que levaba 13 anos sen disputar.[16] Luis Alberto foi incluído no Equipo do Ano da Serie A.[17] Na tempada 2020/21 xogou seis encontros da máxima competición europea, perdendo dous por estar contaxiado de COVID-19,[18] e repartiu dúas asistencias, caendo o seu equipo eliminado nos oitavos de final contra o Bayern de Múnic.[19] Volveu disputar a Liga de Campións dúas tempadas despois, caendo de novo nos oitavos de final ante o Bayern.
Acumulou un total de 307 partidos, 52 goles e 79 asistencias ata xuño de 2024, cando, a pesar de ser un dos xogadores máis queridos pola afección e de ter tres anos máis de contrato, decidiu abandonar o club por problemas coa directiva encabezada por Claudio Lotito.[20]
Al-Duhail
[editar | editar a fonte]O 11 de xuño de 2024 anunciouse oficialmente a súa chegada ao Al-Duhail, da Liga das Estrelas de Qatar, a cambio duns 11 millóns de euros máis variables.[20]
Selección española
[editar | editar a fonte]Despois de ser internacional coas seleccións sub-18, sub-19 e sub-21, en 2017 debutou coa selección española absoluta, tras ser convocado polo adestrador Julen Lopetegui. Foi nun partido amigable contra Costa Rica na Rosaleda, no que entrou na segunda parte substituíndo a Andrés Iniesta.[21]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Lazio
- Copa Italia (1): 2018/19.
- Supercopa de Italia (2): 2017, 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torvisco, Aitor (16 de abril de 2020). "El 16 de abril, ese día que no olvida Luis Alberto" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ Torvisco, Aitor (16 de abril de 2020). "Luis Alberto, el mejor fruto de Manzano" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ Liaño, Jorge (16 de abril de 2011). "Luis Alberto no se hizo notar en su debut" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ "El Sevilla traspasa al mediapunta Luis Alberto al Liverpool por 8 millones de euros". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Liverpool 1-0 Manchester United". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ Magowan, Alistair (15 de decembro de 2013). "Tottenham 0–5 Liverpool". BBC (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Luis Alberto, MVP del Málaga CF - Athletic Club" (en castelán). 24 de agosto de 2014. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 "Luis Alberto: “El año pasado pasaron cosas que no entendí y que aún no entiendo”" (en castelán). 28 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Luis Alberto: "Allí lo pasé mal"" (en castelán). 20 de outubro de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Luis Alberto, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 6 de xullo de 2015. (en castelán)
- ↑ "Así quedó el tobillo de Luis Alberto tras el Valencia-Deportivo". Sport (en castelán). 31 de agosto de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Luis Alberto da las gracias al Deportivo «por un año inolvidable»" (en castelán). 14 de maio de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Principio de acuerdo para el regreso de Luis Alberto al Dépor" (en castelán). 27 de decembro de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "La Lazio arrebata la Supercopa a la Juventus de Cristiano Ronaldo". La Vanguardia (en castelán). 22 de dec. de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ Romero, Víctor (15 de maio de 2019). "La Lazio gana la Copa de Italia gracias a los goles de Milinkovic-Savic y Correa". Marca (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ Calemme, Mirko (24 de xullo de 2020). "La Lazio vuelve a la Champions, Immobile supera a Cristiano". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Gran Galà del Calcio: The winners" (en inglés). 19 de marzo de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ Calemme, Mirko (27 de outubro de 2020). "El covid arrolla a la Lazio: Immobile, Luis Alberto, Lazzari y Anderson no viajan a Brujas". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ "El Bayern de Múnich elimina a la Lazio en octavos de final tras vencer 2-1" (en castelán). 17 de marzo de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2023.
- ↑ 20,0 20,1 González, Rodrigo (11 de xuño de 2024). "Luis Alberto deja la Lazio ocho años después y ficha por el Al-Duhail de Qatar". Marca (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2024.
- ↑ "Luis Alberto debutó con España sustituyendo a Iniesta". Marca (en castelán). 11 de novembro de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador Arquivado 06 de xuño de 2023 en Wayback Machine. no sitio web da Lazio (en italiano).
- Datos do xogador en Tutto Calciatori (en italiano).
- Nados en 1992
- Nados en San José del Valle
- Futbolistas de Andalucía
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Sevilla Atlético
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do SS Lazio
- Xogadores da selección de fútbol de España