Luis Javier Mosquera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1995 (29 anos) Yumbo, Colombia (pt) |
Altura | 165 cm |
Actividade | |
Ocupación | halterófilo |
Nacionalidade deportiva | Colombia |
Deporte | halterofilia |
Participou en | |
25 de xullo de 2021 | Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 67 kg masculino (pt) (2º) |
9 de agosto de 2016 | Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 69 kg masculino (pt) (3º) |
Luis Javier Mosquera Lozano, nado en Yumbo o 27 de marzo de 1995,[1] é un levantador de pesas olímpico colombiano. Representou ao seu país na competencia de levantamento de pesas de menos de 69 kg masculino nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro (no Brasil) o 9 de agosto de 2016, gañando a medalla de bronce.[2] O 25 de xullo de 2020, volveu gañar unha medalla olímpica, desta volta de prata, nos Xogos de Toquio na competencia de halterofilia de menos de 67 kg masculino.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Mosquera provén dunha familia de deportistas vallecaucanos. Iniciou o seu palmarés deportivo aos 15 anos, cando obtivo o primeiro lugar no Campionato Panamericano de Halterofilia na categoría Sub-15.[3]
Nos Xogos Panamericanos de Toronto 2015 gañou tres medallas de ouro na categoría de 69 quilogramos, nas modalidades de arranque (150 kg), envión (186 kg), cun total de 336 kg; o que o levou a conseguir unha cota nos Xogos Olímpicos de Río do seguinte ano.[3]
En Río 2016 terminou cuarto lugar detrás de Izzat Artykov de Kirguizistán, quen logo foi descualificado por non pasar unha proba de drogas para mellorar o rendemento.[4][5] Recibiu a medalla de bronce tres anos despois, o 28 de marzo de 2019.[6]
No LXXXV Campionato Mundial de Halterofilia, celebrado en Pattaya (Tailandia) entre o 18 e o 27 de setembro de 2019, quedou en quinto lugar, levantando un total de 320 quilos (145 quilos en arranque e 175 en envión).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Javier Mosquera Lozano". Rio 2016. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ Bluradio. "Organización de JJ. OO. confirma medalla de bronce de Luis Javier Mosquera". bluradio.com (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Conoce la historia de vida del nuevo medallista olímpico que tiene Colombia". La Nota Positiva (en castelán). 29 de marzo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Mosquera obtuvo su medalla en 2019 luego de la descalificación de Artykov por dopaje" (audio). Antena 2 (en castelán). 27 de maio de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ Sputnik. "Rio Bronze Medalist From Kyrgyzstan Disqualified for Failing Doping Test". sputniknews.com. Consultado o 18 de agosto de 2016.
- ↑ "Luis Javier Mosquera recibió el bronce que ganó en Río 2016". ELESPECTADOR.COM (en castelán). 28 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ Molina Marín, Luz Élida (20 de setembro de 2019). "Luis Javier Mosquera, quinto; Óscar Figueroa, décimo en Mundial de pesas". www.elcolombiano.com (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2020.
- Nados en 1995
- Nados no departamento de Valle del Cauca
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas olímpicos en halterofilia
- Medallistas olímpicos de prata por Colombia
- Medallistas olímpicos de bronce por Colombia
- Halterófilos olímpicos de Colombia
- Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2016
- Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2020