Mar de plástico
Mar de plástico | |
---|---|
Formato | Suspense |
Creado por | Juan Carlos Blázquez Alberto Manzano Almudena Ocaña Pablo Tébar |
Intérpretes | Rodolfo Sancho Belén López Pedro Casablanc Patrick Criado Federico Aguado Andrea del Río Eva Martín Lucho Fernández Jesús Castro Andrea Ros Nya de la Rubia |
País de orixe | España |
Episodios | 13 |
Produción | |
Duración | 75 min. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 22 de setembro de 2015 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/mar-de-plastico/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mar de plástico é unha serie de televisión española producida por Boomerang TV para Antena 3. A súa estrea foi o 22 de setembro de 2015 de maneira simultánea en Antena 3, Neox, Nova e Mega.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Todo comeza nunha noite calorosa. A moza Ainhoa Sánchez Almunia (Mara López), filla da alcaldesa da localidade almeriense de Campoamargo onde conviven un amplo crisol de culturas, acode a unha cita nos plásticos. As luces da comarca apáganse e a nova é brutalmente atacada en plena escuridade. Á mañá seguinte, os cultivos réganse con sangue e ninguén sabe nada da moza desaparecida. Ese mesmo día chega ao pobo Héctor Aguirre (Rodolfo Sancho), sarxento da Garda Civil e xefe da Policía Xudicial.
Héctor é un excombatente de Afganistán que arrastra un tortuoso pasado tanto no persoal como no profesional. Para el comeza a investigación máis difícil e perigosa da súa carreira, e descifrar os motivos que levaron ao asasino a perpetrar o crime converterase na súa principal inquietude. Alguén matou a Ainhoa e calquera podería ser o autor deste estraño crime. Moitos teñen motivos, moi poucos coartada. Todos na vila son sospeitosos, pero só un é o culpable.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rodolfo Sancho é Héctor Aguirre
- Belén López é Marta Ezquerro
- Pedro Casablanc é Juan Rueda
- Lucho Fernández é Salvador "Salva" Morales
- Patrick Criado é Fernando Rueda
- Nya de la Rubia é María de los Dolores "Lola" Requena
- Jesús Castro é Lucas Morales
- Federico Aguado é Sergio Rueda
- Andrea del Río é Pilar
- Yaima Ramos é Fara
- Will Shephard é Kaled
- Eva Martín é Carmen Almunia
- Lisi Linder é Agneska
- Máximo Pastor é Ignacio "Nacho"
- Jesús Carroza é Manuel "Lolo" Requena
- Andrea Ros é María del Mar "Mar" Sánchez Almunia
- José Chaves é Amancio
- Luka Peros é Eric
- Fernando Cayo é Luis
- Mikel Fernández é Pablo
- Mara López é Ainhoa Sánchez Almunia