Saltar ao contido

Marcus Thornton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcus Thornton

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Baton Rouge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónTara High School (en) Traducir
Kilgore College (en) Traducir
Universidade Estatal de Luisiana Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMiami Heat Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
New Orleans Pelicans
Brooklyn Nets
Phoenix Suns
Boston Celtics
Sacramento Kings
Houston Rockets
2007–2009 LSU Tigers men's basketball

Marcus Terrell Thornton, nado o 5 de xuño de 1987 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade

[editar | editar a fonte]

Fixo 27 puntos e capturou 6.5 rebotes por partido no seu ano como sénior no Tara High School en Baton Rouge, Louisiana. Tras acabar o instituto xogou dous anos na Univerisdade de Kilgore, en Kilgore, Texas. Completou a súa carreira universitaria na universidade de Louisiana State (LSU), onde foi nomeado Xogador do Ano da Conferencia Sueste.

Thornton foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Miami Heat, pero os seus dereitos foron traspasados aos New Orleans Hornets. O 23 de febreiro de 2010, Thornton anotou 23 puntos nun cuarto, a mellor marca da franquía dos Hornets. Rematoue ese partido con 37 puntos. Ao remate da tempada, foi incluído no segundo equipo de rookies da NBA. O 23 de febreiro de 2011, Thornton foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Carl Landry.[1] O 14 de marzo de 2011, Thornton anotou 42 puntos, a máxima anotación na súa carreira, contra os Golden State Warriors. O 9 de decembro de 2011, Thornton asinou un contrato por 5 anos e 40 millóns de dólares cos Kings.

O 19 de febreiro de 2014, os Kings traspasaron a Thornton ós Brooklyn Nets a cambio de Jason Terry e Reggie Evans.[2] O 10 de xullo de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Cleveland Cavaliers e os Nets.[3] O 19 de febreiro de 2015, Thornton foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Phoenix Suns, a cambio de Isaiah Thomas.[4]

  1. "Kings Acquire Marcus Thornton from the New Orleans Hornets in Exchange for Carl Landry". NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24. 
  2. "Nets Acquire Marcus Thornton from Sacramento". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  3. Celtics Complete Three-Team Trade
  4. "Suns Complete Deal with Boston for Thornton, Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]