Maria Anna Mozart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Maria Anna Walburga Ignatia Mozart 30 de xullo de 1751 Salzburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 29 de outubro de 1829 (78 anos) Salzburgo (Imperio Austríaco) |
Lugar de sepultura | Petersfriedhof (en) |
Outros nomes | Nannerl |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | pianista, compositora, clavicembalista |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Clavicordio e violín |
Familia | |
Pais | Leopold Mozart e Anna Maria Pertl Mozart |
Irmáns | Wolfgang Amadeus Mozart |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Obálky knih, Hudební lexikon (en) |
Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, tamén chamada Nannerl e Marianne, nada o 30 de xullo de 1751 e finada o 29 de outubro de 1829, foi unha famosa música do século XVIII. Era a irmá máis vella de Wolfgang Amadeus Mozart e filla de Leopold e Anna María Mozart.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Nannerl naceu o 31 de xullo de 1751 en Salzburgo, sendo a cuarta filla do matrimonio entre Anna Maria Mozart (de soltera Pertl) e Leopold Mozart. A pesar de que o matrimonio tivera tres fillos antes de nacer Nannerl, a elevada mortalidade infantil na Europa da época, ningún deles sobrevivira.[1]
Tanto ela como o seu irmán Wolfgang foron educados na casa da man de seu propio pai, quen lle aprendeu os principios básicos da lectura, a escritura, o debuxo e a aritmética, así como nocións de historia e xeografía.[1] Pola súa banda, a formación musical de Nannerl comezou a unha idade moi temperá, polos constantes ensaios de Leopold e os seus compañeiros músicos.[1] Sábese que aos 7 anos de idade, o seu pai comezou a ensinalle a tocar instrumentos de clavicordio,[2] instrumento no que dende o principio mostrou unha gran destreza e unha alta capacidade para a aprendizaxe, tocando cun virtuosismo abraiante para a época cando tiña once anos.[3] O prodixio dos seus fillos motivou a Leopold a levala xunto co seu irmán a Múnic en 1762 para que actuaran ante Maximiliano III, o príncipe elector de Baviera.[a], así como a Viena nunha viaxe que se prolongaría tres meses.[5] Leopold levouna en viaxes a moitas cidades, tales como Viena e París, para explotar os seus talentos. Nos seus comezos destacouse como excelente intérprete en clave e piano.
En 1767, durante unha viaxe a Viena e a actual República Checa, seu irmán comezou a amosar síntomas de padecer a varíola,[6][7] diagnóstico que finalmente se confirmaría. Contra o 10 de novembro dese mesmo ano Wolfgang sentíase mellor, mais entón foi Nannerl quen tamén contraeu a enfermidade e estivo enferma durante tres semanas.[8]
De calquera xeito, dada a opinión dos seus pais, frecuente na sociedade da súa época, facíase imposible que continuara a súa carreira. De acordo co New Grove, "dende 1769 en diante non se lle permitiu amosar o seu talento artístico nas viaxes co seu irmán, xa que acadara a idade para casar".[9] Durante os anos 1770, mentres Wolfgang triunfaba artisticamente en Italia xunto co seu pai, Maria Anna debía permanecer na súa casa xunto a súa nai. Igualmente tivo que quedar na casa co seu pai mentres Wolfgang visitaba París e outras cidades (1777-1779) coa súa nai.
Existen evidencias de que Maria Anna escribiu composicións musicais, como poden ser as cartas de Wolfgang gabando o seu traballo, pero a voluminosa correspondencia de Leopold xamais menciona ningunha das súas composicións, e tampouco sobreviviu ata hoxe ningunha delas.
Matrimonio e maternidade
[editar | editar a fonte]En contraste co seu irmán, quen loitaba co seu pai e finalmente desobedecía os seus desexos respecto a aspectos cruciais (elección de carreira e de esposa), Marianne permanecía completamente servil fronte ós desexos do seu pai. Namorouse de Franz D´Ippold, capitán e titor privado, pero foi forzada polo seu pai a desfacer a súa proposta de matrimonio, malia os vaos esforzos realizados por Wolfgang de que seguira as súas propias preferencias.
Finalmente contraeu matrimonio o 23 de agosto de 1783 cun maxistrado millonario, Johann Baptist Franz von Berchtold zu Sonnenburg, e mudouse con el a St. Gilgen, unha vila austríaca a 25 km ó leste de Salzburgo, cidade onde estaba o fogar da familia Mozart. Sonnenburg tiña dous matrimonios anteriores, os cales remataron ó morrer as mulleres, e tiña cinco fillos ós cales Marianne axudou a criar. Tamén deu a luz tres nenos propios: Leopold Alois Pantaleon (1785–1840), Jeanette (1789–1805) e Maria Babette (1790–1791).
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Glover 2005, pp. 16-17.
- ↑ Sadie 2006, p. 18.
- ↑ Blom 1935, p. 8.
- ↑ Sadie 2006, p. 22.
- ↑ Sadie 2006, pp. 23-29.
- ↑ Hopkins 2002, p. 63.
- ↑ Halliwell 1998, p. 124.
- ↑ Solomon 1995, p. 70.
- ↑ "Mozart family". Grove Music Online (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2020. (require subscrición)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blom, Eric (1935). Mozart (Master Musicians series) (en inglés). Londres: J. M. Dent.
- Glover, Jane (2005). Mozart's Women (en inglés). Londres: Macmillan. ISBN 1-4050-2121-7.
- Halliwell, Ruth (1998). The Mozart Family: Four Lives in a Social Context (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-816371-1.
- Hopkins, Donald R. (2002). The Greatest Killer: Smallpox in History (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-35168-8.
- Sadie, Stanley (2006). Mozart: The Early Years, 1756-1781 (en inglés). Nova York: W.W. Norton & Co. ISBN 0-393-06112-4.
- Solomon, Maynard (1995). Mozart: A Life (en inglés). Nova York: Harper Perennial. ISBN 0-06-092692-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nannerls' blog (en inglés).