Max Josef Metzger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1887 Schopfheim, Alemaña |
Morte | 17 de abril de 1944 (57 anos) Brandenburg an der Havel, Alemaña |
Causa da morte | pena de morte |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | esperantista, pacifista, sacerdote católico, membro da resistencia |
Membro de |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Max Josef Metzger nado en Schopfheim (Estado de Baden) o 3 de febreiro de 1887 e finado en Brandenburg an der Havel o 17 de abril de 1944 foi un sacerdote pacifista católico alemán, executado polo nazismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ordenado como sacerdote en 1911, a súa experiencia como capelán de división na primeira guerra mundial converteuno nun pacifista convencido. Isto levouno a organizar un movemento pacifista de inspiración católica que tivo escaso eco nun momento de exaltación prebélica nas capas católicas medias dos países europeos. Fundou tamén a irmandade Una Sancta, pioneira no traballo pola unidade das Igrexas que encontrou acedas oposicións no catolicismo preconciliar. É finalmente o fundador da Sociedade de Cristo Rei da Cruz Branca, fomentadora dunha espiritualidade baseada na oración, o espírito eclesiástico universalista e o amor ao inimigo. A súa actividade e ideas estaban en expresa contradición co nacionalsocialismo o que provocou que fora detido en varias ocasións. Un memorando pacifista foi interceptado pola Gestapo, o que foi ocasión para detelo, torturalo e finalmente executalo mediante a súa decapitación na guillotina. Foi encontrado culpable de traizón ao Estado e encubrimento do inimigo por un Tribunal presidido por Roland Freisler.
Está en marcha o proceso de beatificación.[Cómpre referencia]
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |