Saltar ao contido

Mecano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mecano
OrixeMadrid Comunidade de Madrid, España España
Período1981-1998
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)CBS, BMG
MembrosAna Torroja
Nacho Cano
José María Cano
Na rede
zonamecano.com
IMDB: nm0575284 Youtube: UC9P6y7YXtvsxGNynT1y7ORg BNE: XX126693 Spotify: 5BMgsAFg8rZQc3tqs5BB8G Last fm: Mecano Musicbrainz: 3be5dee4-5fa6-45a5-97c2-98914580bafa Songkick: 261882 Discogs: 148781 Allmusic: mn0000403454 Editar o valor en Wikidata

Mecano foi un grupo español de música pop dos anos 80 e 90. Estaba composto por: Ana Torroja (voz), Nacho Cano (programación, guitarras, teclados e coros) e José María Cano (guitarras, teclados e coros).

Mecano vendeu uns 25 millóns de discos en países como España, México, Venezuela, Arxentina ou Chile e acadaron o número un en varias ocasións en Francia e Italia, grazas ós seus traballos nos respectivos idiomas. Mecano é un dos grupos de pop rock máis importante da historia da música e o máis influente da música pop española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicialmente Ana Torroja e José María Cano comezaron tocando canción de autor. Posteriormente, coa incorporación en 1979 do irmán de José María, Nacho Cano, o grupo apareceu no concurso de Gente Joven baixo o nome de "José María Cano y amigos", e o grupo cambiou o seu estilo cara a un pop xuvenil, con letras sinxelas e tendentes ó comercial. Comezaron presentándose en pequenos locais onde se reunían os mozos para escoitar música, foi aí onde foron descubertos por un promotor de talentos que lles conseguiu un contrato con CBS que romperían en 1985.

Coa aparición de varias maquetas no ano 1981 apareceu o seu primeiro álbum chamado simplemente "Mecano". En canto ó nome, en 1991 a vocalista desvelou á revista francesa "Elle" o seguinte: "Eliximos o título de Mecano para demostrar que se pode construír o que un queira mesturando elementos de rock, flamenco, pop e soul", o certo é que o nome viña motivado pola admiración dos irmáns Cano (en especial Nacho) cara ó synth-pop inglés, e propoñen chamarse "Mecano Humano" en homenaxe ó grupo The Human League, aínda que pouco despois deciden que se trata dun nome bastante pouco comercial e acúrtano en "Mecano".

Discografía

[editar | editar a fonte]

Videografía de Mecano:

[editar | editar a fonte]

Outros traballos discográficos:

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]