Saltar ao contido

Melania Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMelania Cruz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6878395 Editar o valor en Wikidata

Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro.

Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Escénicas en 2022.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.

En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro[2] estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) na que dá vida ao personaxe protagonista, Katurian.[3] En 2014 estrearon Perplexo[4], espectáculo que consegue cinco Premios María Casares e polo que é nomeada ao premio de mellor actriz protagonista.

No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada[5]. En 2015 traballou como actriz secundaria nas series Urxencia cero e Serramoura.

No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego[6]. En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira. En 2018 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz polo seu papel protagonista en Dhogs, baixo a dirección de Andrés Goteira, e en 2019 gañou outro Mestre Mateo, esta vez o de actriz secundaria, polo seu traballo no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño, e en 2021 a mellar actriz protagonista por Ons, de Alfonso Zarauza. En 2020 foi galardoada co Premio Cinema Galego do FICBUEU.[7]

En 2019 interpreta a comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da Televisión de Galicia.[8]

En 2019, fundou xunto a Tito Asorey a compañía A quinta do cuadrante, coa que levaron a escena O empapelado amarelo e gravaron as curtas A farsa das zocas e As mulleres do porvir e a ficción radiofónica La lindona de Galicia. En 2022 Continente María, un espectáculo de teatro contemporáneo para divulgar a figura de María Casares.[9]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Viradeira (TVG, como Maca)
  • Fontealba (TVG, como Marisa)
  • Serramoura (TVG, T3 e T4 como Micaela Morais)
  • Urxencia cero (TVG, como Marta)
  • Contou Rosalía (TVG, como Rosalía)
  • A estiba (TVG, como Manuela Fortes)
  • Operación Marea Negra (Amazon Prime, como Sargento Freitas) T1, T2 e T3
  • La unidad (Movistar+, como Psicóloga) T2
  • Now and then (Apple TV, Bambú Producciones)
  • Apagón (Movistar+, como Teresa)
  • Rapa (Portocabo, Movistar+) T2
  • Clanes (Vaca Films, Netflix)

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Curmán (Alejandro Jato, 2023)
  • Pontevedra, cidade cero (Alfonso Zarauza, 2022)
  • Nido (Alejandro Rodríguez, 2021)
  • Dúas cores (Cris Yáñez, 2020)
  • As mulleres do porvir (Tito Asorey, 2020)
  • A farsa das zocas (Tito Asorey, 2020)
  • Arrolo (Lucía Estévez, 2019)
  • Albedrío (J.S. Raimundi e Álex Vázquez, 2017)
  • Papá llevaba peluca (Chema Montero, 2016)
  • Ao terceiro día (Vicente Pedreira, 2015)
  • El coche rojo (Karla Taveras, 2015)
  • Desde dentro (Samuel Lema, 2015)
  • La falta (Francisco González, 2012)
  • Una mala noche (Fernando Rivero, 2011)
  • Continente María (Tito Asorey, 2022)
  • A lúa vai encuberta (Tito Asorey, 2021)
  • Fariña (Tito Asorey, 2021)
  • A lindona de Galicia (Tito Asorey, 2021)
  • Medida por Medida (Quico Cadaval, 2019)
  • O empapelado amarelo (Tito Asorey, 2019)
  • O Tolleito de Inishmaan (Cándido Pazó, 2017)
  • X Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Marta Pazos, 2017)
  • Resaca (Tito Asorey, 2017)
  • IX Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Tito Asorey, 2016)
  • Xardín Suspenso (Cándido Pazó, 2015)
  • Perplexo (Tito Asorey, 2014)
  • Inventarios (Cristina Domínguez, 2013)
  • Los que no pudieron huír (Javier Hernández- Simón, 2013)
  • O home almofada (Tito Asorey, 2012)
  • A fala das pedras (Ana Carril, 2012)
  • Xeración Nós (Ana Carril, 2011)
  • Ai, Carmela! (Tito Asorey, 2010)
  • Lugo. Ciudad 10 (Ana Carril, 2010)
  • Lugo de Alma Romana (Ana Carril, 2009)

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2018 Mellor actriz protagonista Dhogs Gañadora
2019 Mellor actriz protagonista Contou Rosalía Nomeada
Mellor actriz secundaria Trote Gañadora
2021 Mellor actriz protagonista Ons Gañadora
2022 Mellor actriz protagonista Malencolía Nomeada
Ano Categoría Traballo Resultado
2016 Mellor actriz protagonista Xardín suspenso Gañadora
2015 Mellor actriz protagonista Perplexo Nomeada
2017 Mellor actriz protagonista Resaca Nomeada
2021 Mellor texto orixinal O empapelado amarelo Nomeada
2023 Mellor actriz protagonista Continente María Nomeada
Ano Categoría Festival
2020 Premio Cinema Galego FICBUEU
Ano Categoría
2022 Premio en Artes Escénicas

Premio Festival de Cans

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría
2023 Premio Chimpín de Prata Pepe Piume

Premio Lucense do Ano El Progreso

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría
2023 Premio Lucense do Ano
  • 2024: Homenaxe na Semana de Cine de Lugo[10]
  1. Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  2. "Melania Cruz: grazas á miña avoa son actriz". La Región. 15 de xaneiro de 2015. 
  3. Sas, Francisco (18 de outubro de 2014). "Melania Cruz: "Foi complicado traballar un texto duro coma este, que non é para nenos"". Faro de Vigo. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  4. "Il Maquinario colleita cinco premios María Casares coa obra Perplexo". La Voz de Galicia. 27 de marzo de 2015. 
  5. [1] Entrevista á actriz Melania Cruz por Pilar Comesaña. Zigzag diario. Publicado o 27 de marzo de 2015.
  6. [2] Arquivado 09 de maio de 2016 en Wayback Machine. Melania Cruz gaña o premio a mellor actriz nos María Casares. Xornal de Lugo. Publicado o 31 de marzo de 2016.
  7. "A actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego do FICBUEU". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-07-23. 
  8. "El «thriller» policial «A estiba» llega a TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  9. "María Casares volve á escena nunha fusión de teatro, música e poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-27. Consultado o 2022-05-29. 
  10. M. X. (2024-09-11). "A Semana de Cine de Lugo repasa en setembro un ano de produción fílmica". Nós Diario. Consultado o 2024-09-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]