Mofa e Befa en Gran liquidación
Aparencia
Mofa e Befa en Gran liquidación é unha curtametraxe muda en branco e negro protagonizada polo dúo cómico galego Mofa e Befa en 1995, escrita e dirixida por Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña.
Trátase dunha produción de 20 minutos de duración que conta a historia de dous asasinos a soldo que teñen que cumprir co encargo de matar a un ancián rico.
Intérpretes
[editar | editar a fonte]- Evaristo Calvo - Mofa
- Víctor Mosqueira - Befa
- Xoán Cejudo - Pai
- Luís Tosar
- María Bouzas
- María Pujalte
- Antonio Pereira
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio A Coruña... de cine ó mellor guión 1994 outorgado polo Concello da Coruña.
- Mellor curtametraxe na I Semana de Cine Celta.
- Premio AGAPI ’96 ó Mellor Actor, ex aequo para Luna e para o tándem Mofa e Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo).