Monzón, Huesca
Monzón (es) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | España | ||||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||||
Provincia | Provincia de Huesca | ||||||
Capital de | |||||||
Capital | Monzón (en) | ||||||
Contén a división administrativa | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 17.839 (2023) (115,07 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Diocese | Diocese católica latina de Barbastro-Monzón | ||||||
Superficie | 155,022476 km² | ||||||
Altitude | 273 m | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcaldesa | Rosa Maria Lanau Morancho | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 22400 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Código INE | 22158 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Páxina web | monzon.es | ||||||
Monzón é un concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. En 2008 tiña 17.050 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A localidade de Monzón, de 155 km² de superficie, érguese xunto dos ríos Cinca e Sosa, baixo un castelo, que se levanta no alto dun outeiro. Monzón está atravesado pola estrada N-240 e máis polo camiño de ferro Madrid - Barcelona. Posúe importantes industrias químicas.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade espallouse baixo o amparo do castelo, que a domina desde o alto.
Na época de dominación musulmá se disputaban Monzón os Banu Sabrit de Huesca e os Banu Qasi de Lleida. No século XI pertencía á liñaxe dos Banu Hud, sosténdose que foi tomada polo Cid en 1083. Aos cristiáns cumpríalles conquistar Monzón para cortar as comunicacións entre os reinos taifas de Zaragoza e Lleida.
O infante Pedro tomou Monzón en 1089, cando aínda reinaba seu pai Sancho Ramírez de Aragón. Sancho Ramírez creou entón o Reino de Monzón para o infante, o futuro Pedro I, antes de que fose rei de Aragón. En 1143 pasou a pertencer aos templarios.
Durante a Guerra de Cataluña, no reinado de Filipe IV de España, foi tomado no 1642 polas tropas franco-catalás, dirixidas por Philippe de La Motte Houdancourt. No ano seguinte polas tropas castelás de Felipe da Silva.
Nome
[editar | editar a fonte]Sostense que provén de Monte de Sión, nome que serviría para ilustrar as relacións dos templario e as cruzadas en Terra Santa. Porén o nome é anterior a eles. Como outras localidades de Portugal, Italia ou Francia, Monzón provén do latín *MONTIONE(M), un aumentativo / afectivo de monte(m), acusativo de MONS, MONTIS "monte", posibelmente en alusión ao outeiro sobre o que se ergue a fortaleza da localidade.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- O castelo construído polos templarios, sobre unha fortaleza anterior árabe.
- Catedral de Santa María do Romeral, dos séculos XII e XIII.
- Convento de San Francisco, habitado até 1835 (actualmente é a sede do Conservatorio Profesional e máis do auditorio de Monzón).
- Ermida da virxe da Alegría, do século XVII.
- Casa do Concello, dos séculos XVI-XVII.
- Porta de Luzán.
- Muralla románica.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Mateo (Festas Maiores), o 21 de setembro.
- Luns de Pascua, romaría na ermida de Nosa Señora do Enfuelgo.