Saltar ao contido

Moscovita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moscovita
Fórmula químicaKAl2AlSi3O10(OH,F)2
ClaseSilicatos
SubclaseFilosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorBranca e agrisada
BrilloAnacarado
Dureza2-2,5
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta, en láminas
RaiaBranca
Densidade2,8-3 g/cm3

A moscovita é un tipo de mica bastante frecuente en moitos tipos de rochas. É de cor branca ou agrisada. Xunto coa biotita, son os dous tipos de micas que máis abundan na Terra, e polo tanto podémola atopar en moitísimas zonas de Galicia.

A moscovita preséntase en forma de cristais con forma hexagonal formando frecuentemente maclas. A súa exfoliación é perfecta e faina en forma de láminas moi flexibles e elásticas, suaves, traslúcidas, de brillo anacarado (coma a parte interior dunha cuncha de mexillón) e lixeiramente coloreadas.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

A moscovita atópase en granitos, pegmatitas, gneises, lousas e mármores. É, polo tanto, un mineral formador de rochas.

Usos da moscovita

[editar | editar a fonte]

A moscovita é usada frecuentemente como illante eléctico e térmico. Na antiga Rusia, a moscovita era usada como substituto do vidro, de aí o seu nome.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

É un mineral insoluble nos ácidos (excepto no ácido fluorhídrico) e dificilmente fusible.

Outros silicatos

[editar | editar a fonte]

O cuarzo e o feldespato son outros dous silicatos importantes.