William Reaside
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1892 Paisley, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de novembro de 1964 (72 anos) Old Kilpatrick, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Escocia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
William Reaside, nado nado en Paisley o 24 de marzo de 1892 e finado en Old Kilpatrick o 15 de novembro de 1964 , foi un xogador e adestrador de fútbol escocés, coñecido tamén comoW. H. Cowan.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou sendo adestrador de atletismo ó tempo que xogaba ó fútbol en equipos da súa Escocia natal, entre eles o Hibernian F.C. Convertido en axudante do adestrador Chas During, traballou no humilde St.Miven, no Glasgow University e en varios clubs de Noruega.
Chega a Vigo o 31 de xullo de 1927 para facerse cargo do Celta de Vigo substituíndo a Andrés Balsa. So adestraría ao equipo olívico na tempada 1927-28, na que o levaría a cuartos de final da Copa de España, onde caería derrotado ante a Real Sociedad.
No campionato galego o Celta quedaría subcampión e, esa mesma tempada, xogaría a primeira Liga da historia en modo de proba, conseguindo o subcampionato por detrás do Racing de Santander, aínda que é a título de anécdota, xa que non ten valor oficial ningún.
No verán de 1928 o Celta baixo a dirección de Cowan realizou unha xira por Suramérica na que disputou tres encontros en Buenos Aires, dous no Uruguai e un en Rosario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do Celta
- Txema Ereaga (11 de marzo de 2013). "Mr Cowan: El técnico que fumaba en pipa". Fame Celeste (en castelán).