Muralla de Ávila
Cidade vella de Ávila e igrexas extra-muros | |
---|---|
Muralla de Ávila | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | Ávila |
Tipo | Cultural |
Criterios | iii, iv |
Inscrición | 1985 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 348bis |
A Muralla de Ávila é unha cerca militar románica que rodea o casco antigo da cidade de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León, en España. Na actualidade, o casco antigo, a muralla e as igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio da Humanidade.
As murallas son un factor activo moi importante na conformación do urbanismo da cidade e historicamente participaron na distribución do espazo urbano entre os diversos grupos sociais que habitaron Ávila. A muralla representaba a separación entre o «espazo salvaxe» e o «civilizado». O campo, a terra chaira, vivían os campesiños que era a clase social máis baixa que mantiñan á cidade. Sobre o campesiñado recaía o 80% dos custos das infraestruturas urbanas, incluída a muralla cuxo mantemento reciba o nome de reparo dos muros. Segundo a tradición a dirección da construción da muralla recaeu nos dous maestres de xeometría, o romano Casandro e o francés Florín de Piruenga. O estudo da estrutura defensiva sinala que se trata dunha construción similar, na súa morfoloxía e poliorcética (arte de construción de murallas e castelos) ás murallas do ámbito andalusí.
O carácter militar da muralla é eminentemente defensivo e mantívose aínda coas reformas realizadas no século XIV que a reforzaron.
É propiedade do Estado Español e está xestionada polo concello de Ávila. Algúns tramos, os que coinciden con algúns edificios como palacios e igrexas (entre elas a catedral) son privados.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Palacio dos Dávila
-
Porta do Alcázar
-
Porta do Alcázar en 1864
-
Vista superior dun tramo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muralla de Ávila |
- A muralla de Ávila (en castelán)
- A muralla de Ávila en CastillonetArquivado 06 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)