Saltar ao contido

Murrayfield Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Murrayfield Stadium
Datos
Coordenadas55°56′32″N 3°14′27″O / 55.942231, -3.240921
LocalizaciónEdimburgo, Reino Unido
Construción
Inauguración21 de marzo de 1925
Renovación1995
ArquitectoConnor Milligan
Custo£50 million (reconstrución)
Estadio
SuperficieCéspede natural
Capacidade67.800
Asist. máxima104.000 (1 de marzo de 1975)

Escocia 12–10

Gales
PropietarioScottish Rugby Union
LocalíaSelección de rugby de Escocia
Edinburgh Rugby
Webhttp://www.scottishrugbyhospitality.org/
Eventos
Copa do Mundo de Rugby 2007
editar datos en Wikidata ]

O Murrayfield Stadium é un estadio deportivo dedicado, principalmente, ao rugby. Atópase localizado en Murrayfield, unha área de Edimburgo, Escocia. Foi inaugurado o 21 de marzo de 1925 e remodelado completamente en 1995. Conta cunha capacidade total de 67.800 espectadores, todos eles sentados.

É a sede da Federación Escocesa e un símbolo dentro do mundo do rugby. A selección de rugby xoga neste estadio dende a súa inauguración en 1925, disputando un partido contra a selección de Inglaterra. Ese mesmo ano foi o que obtiveron, por primeira vez na súa historia, o Grand Slam do Cinco Nacións. Este recinto ostentou o maior número de asistentes a un partido de rugby entre 1975 e 1999: 105.000 espectadores nun encontro entre Escocia e Gales.[1]

Estadio de Murrayfield durante un partido da Selección de rugby de Escocia

O Murrayfield albergou ademais partidos de fútbol. O Heart of Midlothian, un dos dous clubs da capital, decidiu facer do Murrayfield a súa sede para os partidos de competición europea da tempada 2006/07 xa que o seu estadio, o vello Tynecastle Stadium, non cumpría os requisitos mínimos da UEFA. Tamén se teñen disputado partidos de fútbol americano ou recitais de importantes grupos musicais, coma por exemplo U2 ou os Red Hot Chili Peppers. Durante o 2005 foi sede dun dos concertos do Live 8 con The Corrs, Travis e Texas entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]