Museo de Orsay
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Museo de Orsay | |
---|---|
Na rede | |
https://www.musee-orsay.fr | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O museo de Orsay é un museo nacional situado en París, na Rive gauche (beira esquerda) do río Sena, no VII arrondissement (Distrito VIIº). Nel figura, principalmente, arte do mundo occidental de 1848 a 1914: pintura, escultura, arquitectura etc.
Situación
[editar | editar a fonte]Rue de la Légion d'Honneur, 1 ; 75343 París. Metro liña 12, estación: Solferino
Historia
[editar | editar a fonte]Colocado na antiga estación ferroviaria da Gare d'Orsay (1898), foi inaugurado en 1986. A súa construción orixinal é do arquitecto Victor Laloux, foi reconfigurada (1983-1986) polos arquitectos Renaud Bardon, Pierre Colboc, Jean-Paul Philippon gañadores do concurso de arquitectura de 1979, aos que se uniu o arquitecto interiorista Gae Aulenti.
As coleccións
[editar | editar a fonte]As coleccións do museo de Orsay proveñen esencialmente de tres institucións: o museo do Louvre para obras de artistas nacidos a partir de 1820, ou que emerxen ao mundo artístico coa Segunda República Francesa; o museo de Jeu de Paume (Xogo de Pelota) que fora dedicado ao impresionismo desde 1947; e o museo nacional de Arte Moderna para obras máis recentes. Esas ricas coleccións, acrecentadas por inúmeras doazóns e legados, cobren todos os dominios das artes plásticas e artes aplicadas: a pintura, a escultura, variados obxectos de arte e as creacións gráficas, así como mobiliario, arquitectura e fotografía. A política de adquisicións do museo de Orsay está vertebrada cara a obtención de obras importantes e testemuñas máis modestas, que permitan enriquecer ou completar os fondos da colección consolidada.
Directores
[editar | editar a fonte]- Jean Jenger : 1978-1987
- Françoise Cachin : 1987-1994
- Henri Loyrette : 1994-2001
- Serge Lemoine : 2001 - actualidade
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo de Orsay |