Nairo Quintana
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Nairo Alexander Quintana Rojas 4 de febreiro de 1990 (34 anos) Tunja, Colombia | ||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 166 cm | ||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 58 kg | ||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Colombia | ||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | ||||||||||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | ciclismo en ruta | ||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escalador | ||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||
2023 | 2023 UCI World Ranking (en) (1002º)../... 25+ | ||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Dayer Quintana | ||||||||||||||||||||||||||||
Nairo Alexander Quintana Rojas, nado en Tunja (Boyacá) o 4 de febreiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano pertencente ao equipo Movistar Team de categoría UCI ProTour. Anteriormente correra como afeccionado e profesional no equipo boiacence Boyacá es Para Vivirla, destacándose como escalador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aprendeu a montar en bici de adolescente para ir á escola. No ano 2009 fichou polo equipo afeccionado Boyacá es para Vivirla, dirixido por Vicente Belda. Nese ano participou en probas europeas do UCI Europe Tour, como a Volta á Comunidade de Madrid, o Circuíto Montañés, a Clásica de Ordizia o Circuíto de Getxo e a Subida a Urkiola. En setembro dese ano participou na categoría sub'23 do Mundial de Mendrisio, rematando 26º na proba contra o reloxo e retirándose na proba en ruta.
En 2010 pasou ao equipo Café de Colombia-Colombia es Pasión, tamén de categoría Continental, dirixido por Luis Fernando Saldarriaga. Gañou o Tour do Porvenir e as dúas últimas etapas da proba.
En 2011 mantívose no equipo, que ascendeu de categoría e pasou a ser Profesional Continental. Isto permitiulle participar en probas do UCI WorldTour, como a Volta a Cataluña (onde gañou a clasificación da montaña), o GP Miguel Indurain, a Klasika Primavera ou a Volta a Castela e León.
En 2012 fichou polo equipo español Movistar, de categoría ProTeam. En marzo gañou a Volta a Murcia, da que gañou a primeira etapa. En maio foi segundo na Volta á Comunidade de Madrid. En xuño gañou a etapa destacada do Critérium do Dauphiné, con meta en Morzine. Á semana seguinte gañou a Ruta do Sur, logo de gañar a penúltima etapa. Na Volta a España foi gregario de Alejandro Valverde, e rematou no posto 36º, contribuíndo á vitoria na contra o reloxo por equipos inaugural disputada en Pamplona. Despois desa proba participou no Giro da Lombardía, e o Giro de Emilia, que acabou gañando.
En 2013 rematou sétimo na Volta a Andalucía e undécimo na Volta a Murcia. En marzo rematou 15º na París-Niza. Á semana seguinte foi 4º na Volta a Cataluña, gañando unha etapa. En abril gañou a Volta ao País Vasco, logrando tamén unha etapa e o premio á regularidade[1]. En xullo participou no Tour de Francia; inicialmente ía como gregario de Alejandro Valverde, mais un problema técnico deste fixo que pasase a ser o mellor colocado do equipo. Finalmente acadou o 2º posto na clasificación xeral, o maillot de campión da montaña, e o trofeo de corredores novos. En agosto gañou a Volta a Burgos.
No ano 2014 gañou o Giro de Italia.
Palmarés
[editar | editar a fonte]2010
- Tour do Porvir (e 2 tiradas)
2012
- Volta a Murcia (e 1 tirada)
- 1 tirada do Critérium do Dauphiné
- Ruta do Sur (e 1 tirada)
- Giro de Emilia
2013
- 1 tirada da Volta a Cataluña
- Volta ao País Vasco (e 1 tirada e regularidade)
- Tour de Francia: 2ª posición, 1 tirada, líder da montaña e líder de corredores mozos
- Volta a Burgos (e 1 tirada)
2014
- Giro de Italia (e 2 etapas)
- Volta a Burgos (e 1 etapa)
2015
- Tirreno-Adriático, máis 1 tirada
- 2.º no Tour de Francia, máis clasificación dos mozos
- 3.º no UCI WorldTour
2016
- Volta a Cataluña
- Tour de Romandía, máis 1 tirada
Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Carreira | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | - | 1º | - | - |
Tour de Francia | - | 2º | - | 2º | 3º |
Volta a España | 36º | - | Ab. | 4º | - |
Mundial en Ruta | 69º | - | - | - | - |
-: non participa
Ab.: abandono
Equipos
[editar | editar a fonte]- Boyacá es Para Vivirla (2009)
- Café de Colombia/Colombia es Pasión (2007-2011)
- Café de Colombia-Colombia es Pasión (2010)
- Colombia es Pasión-Café de Colombia (2011)
- Movistar Team (2012-)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nairo Quintana, el hombre de los imposibles", artigo en El Tiempo, 6 de abril de 2013 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Nairo Alexander Quintana (cqranking.com)
- "Quintana, el amarillo de la necesidad", artigo en Diario Vasco, 12 de abril de 2013 (en castelán).