Saltar ao contido

Naqsh-e Rostam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naqsh-e Rostam, preto de Shiraz.
Panorama.
Túmulo.
Baixorrelevo.

Naqsh-e Rostam ou Nakhsh-i-Rostam ou Naqs-i-Rustam (persa نقش رستم, Naqš-e Rostam) é un sitio arqueolóxico situado a uns 3 km ao noroeste de Persépole, na provincia de Fars en Irán. Este lugar é chamado Næqš-e Rostæm "o retrato de Rostam", porque os persas pensaban que os baixorrelevos sasánidas baixo as tumbas representaban a Rostam, un heroe mitolóxico persa.

É unha parede rochosa que contén catro tumbas reais aqueménidas rupestres, cruciformes e con baixorrelevos. Unha destas, segundo as inscricións que presenta, sería a tumba de Darío I. As outras tres tumbas que se atopan a rentes da de Darío I, serían as de Xerxes I, Artaxerxes I e Darío II mais non levan ningunha inscrición que permita identificalas con certeza. Atópase na montaña de detrás de Persépole outras dúas tumbas semellantes, pertencentes probablemente a Artaxerxes II e Artaxerxes III, o mesmo que unha tumba inacabada que podería ser a de Arsés, ou máis seguramente de Darío III, o derradeiro rei da dinastía aqueménida, que foi derrocado por Alexandre Magno.

A tumba de Darío é un dos dous modelos de tumbas que existiron na arte persa do período aqueménida. Trátase dunha tumba escavada na rocha como os hipoxeos exipcios. O outro modelo é o da tumba de Ciro en Pasargadas,

Hai tamén sete grandes baixorrelevos na rocha de Naqsh-e Rustam, baixo as tumbas, esculturas mandadas polos reis sasánidas.

Fronte á rocha atópase Ka'ba-i-Zartosht, un monumento zoroástrico. Na extremidade do sitio atópanse dous pequenos altares de lume.

Inscrición de Darío o Grande

[editar | editar a fonte]

1. Ahura Mazda é un gran deus, que creou a nosa terra, que creou no ceo, que creou ó home, que creou a felicidade para el, que nomeou a Darío rei, un dos numerosos reis, un señor para moitos.

2. Eu son Darío gran rei, rei de reis, rei de países que conteñen todo tipo de homes, rei de grandes territorios desta gran Terra, fillo de Histaspes, un aqueménida, un persa, fillo dun persa, un ario, que que ten unha liñaxe aria.

3. Darío o Grande di: Polo favor de Ahura Mazda, estes son os países que tomei fóra de Persia; reinei sobre estes, pagáronme un tributo; a miña lei someteuse firmemente sobre eles: Media, Elam, Partia, Aria, Bactriana, Sogdiana, Corasmia, Drangiana, Aracosia, Satagidia, Gandhara, Sind, Amirgia, escitas, escitas de gorros puntiagudos, Babilonia, Asiria, Arabia, Exipto, Armenia, Capadocia, Sardes, xonia, os escitas do outro lado do mar, Skudra, os Xonios que levan Pétasos, Libia, Etiopía, os homes de Maka, Caria.

4. Darío o Grande di: Ahura Mazda, cando viu a terra con emoción, outorgouma, fíxome rei; son rei. polo favor de Ahura Mazda, sométoa ó seu lugar; o que os digo, o que fixeron, tal e como foi o meu desexo. se pensades "cantos países conquistou o rei Darío I o grande?" Mirade as esculturas daqueles que están sobre o trono, enseguida darédesvos de conta, enseguida será coñecido por vosoutros: a lanza do home persa viaxou moi lonxe; enseguida será coñecido por vosoutros: un home persa que librou batallas moi lonxe da magna Persia.

5. Darío o grande di: o que foi feito, o que fixen pola doutrina e polo desexo de Ahura Mazda. Ahura Mazda prestoume axuda até que rematase o traballo. Que Ahura Mazda me protexa a min da morte e protexa a miña casa real e a esta terra: rogo a Ahura Mazda, que Ahura Mazda mo dea!

6. Oh home!, o que é o mandato de Ahura Mazda, que non vos repela ou vos repugne, que non vos aparte do bo camiño; non vos levantedes en rebelión!

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]