Nazaré
Este artigo trata sobre a vila de Portugal, para a vila de Israel véxase Nazaret, para a belga véxase Nazareth.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Leiria | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.158 (2011) (183,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 82,43 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2450 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-nazare.pt | |||
A Nazaré é unha vila portuguesa, pertencente ao distrito de Leiria, con cerca de 10.300 habitantes.
Localización
[editar | editar a fonte]O actual espazo urbano da vila aglutina tres antigos poboados, Pederneira, Sítio da Nazaré e Praia da Nazaré e novos barrios da segunda metade do século XX, como a Urbisol ou o Rio Novo, xurdidos a consecuencia da expansión natural dos tres núcleos primitivos.
A vila é sede dun pequeno municipio con 80,49 km² de área e 15 158 habitantes (2011), subdividido en 3 freguesías, Nazaré, Valado dos Frades e Famalicão. O municipio é rodeado a norte, leste e sur polo concello de Alcobaça e a oeste confina co océano Atlántico.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros asentamentos eran inmediatamente sobre zonas costeiras agrupados nos núcleos de Pederneira e Sitio. As poboacións tiveron que se defender de ataques piratas que foron frecuentes ata o século XIX. Sobre as orixes existe a lenda da Nazaré á que fan referencia varios textos históricos.
O municipio, e a freguesía de Nazaré designáranse Pederneira até 1912, ano en que, por lei, o topónimo foi alterado para Nazaré. O antigo concello da Pederneira tivo foro, en 1514, dado por Don Manuel I, e estivo integrado nos coutos de Alcobaça.
A Pederneira, actualmente un dos barrios da vila da Nazaré, mantén aínda o edificio dos antigos pazos do Concello, o pelouriño, a igrexa Matriz da nosa Señora das Areas e a igrexa da Misericordia, como testemuños da súa antiga condición de vila sede de concello.
Turismo
[editar | editar a fonte]O atractivo turístico de Nazaré residía antigamente na tipoloxía de vila tradicional mariñeira e nas súas fermosas e grandes praias aínda que actualmente este turismo fixo mudar o urbanismo e sociedade mariñeira da vila. O turismo ten unha grande importancia na economía da vila consolidándose como destino preferente de turismo.
O topónimo Nazaré está intrinsecamente ligado á Lenda da Nazaré.
As freguesías do concello da Nazaré son as seguintes:
- Famalicão
- Nazaré
- Valado dos Frades
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nazaré |