Saltar ao contido

Noite na terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Noite na terra
Ficha técnica
Título orixinalNight on Earth
DirectorJim Jarmusch
ProdutorJim Jarmusch
GuiónJim Jarmusch
IntérpretesGena Rowlands
Winona Ryder
Roberto Benigni
MúsicaTom Waits
FotografíaFrederick Elmes
MontaxeJay Rabinowitz
DistribuidoraFine Line Features
Estrea1991
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Recadación$2.015.810
Na rede
IMDB: tt0102536 Filmaffinity: 495060 Allocine: 2097 Rottentomatoes: m/night_on_earth Mojo: nightonearth Allmovie: v35323 TCM: 84940 Metacritic: movie/night-on-earth TV.com: movies/night-on-earth Netlix: 70074420 Editar o valor en Wikidata

Noite na terra[1] (en inglés: Night on Earth) é un filme estadounidense de Jim Jarmusch que se estreou en 1991. Nel preséntanse cinco historias transcorridas simultaneamente durante unha noite en diferentes cidades do mundo: Os Ánxeles, Nova York, París, Roma e Helsinqui. Os acontecementos cóntanse cidade por cidade, unha a unha, na orde dita, e teñen en común que tratan sobre unha relación entre a relación dun taxista co seu ou seus clientes. A banda sonora de Night on Earth foi producida e composta maiormente por Tom Waits.

Os Ánxeles

[editar | editar a fonte]

A taxista Corky (Winona Ryder) recolle no aeroporto á executiva e directora de cásting Victoria Snelling (Gena Rowlands). Mentres Corky conduce e fuma efusivamente, Victoria fai chamadas de negocios dende o seu teléfono, a vez que tamén fala coa taxista da vida. Ao final Victoria ofrécelle a opción de traballar nunha película, mais Corky négase, ela quere ser mecánica.

Nova York

[editar | editar a fonte]

Helmut Grokenberger (Armin Mueller-Stahl), antes un pallaso na Alemaña Oriental, é agora un taxista principiante na cidade de Nova York, o pobre non sabe ben inglés, non coñece as rúas. Na rúa atópase un negro querendo parar un taxi, despois de varios intentos con outros taxis, YoYo (Giancarlo Esposito) é recolleito por Helmut, quen o ten que levar até Brooklyn. Helmut non dá conducido o coche, e ten que acabar ao final o cliente levando o coche. No camiño, YoYo encontra á súa cuñada Angela Rosie Pérez pola rúa e a empurróns, e con moitos insultos, Yoyo métea no taxi para levala para casa. As bocaladas continúanse dicindo polo camiño, e Helmut repetíraas orgulloso.

Nesa noite, unha cega (Béatrice Dalle) sobe ao taxi conducido por un rapaz africano (Isaach De Bankolé). Este, curioso da condición física da muller, intenta iniciar unha conversación con ela mediante preguntas que se volven estúpidas ante unha cega.

Un excéntrico taxista (Roberto Benigni) recolle a un cura (Paolo Bonacelli). Na viaxe, o taxista confésalle ao padre todos os seus pecados sexuais, dende que a metía nun cabazo de cativo, o que facía cunha ovella ou coa súa cuñada. O cura morre dun infarto e déixao nun banco.

Helsinqui

[editar | editar a fonte]

Tres traballadores (Kari Väänänen, Sakari Kuosmanen e Tomi Salmela), un durmido, soben a un taxi. Os dous que están despertos cóntanlle ao taxista Mika (Matti Pellonpää) o desgraciado que era o que ía durmido. Como resposta, o taxista contoulles unha historia triste que lles fixo chorar.

Winona Ryder en 2010.

Os Ánxeles

[editar | editar a fonte]

Nova York

[editar | editar a fonte]

Helsinqui

[editar | editar a fonte]