Saltar ao contido

Orson Welles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrson Welles

(1937) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Orson Welles Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1915 Editar o valor en Wikidata
Kenosha, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1985 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRonda Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo e ateísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTodd Seminary for Boys (en) Traducir
School of the Art Institute of Chicago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor de televisión, produtor de teatro, actor de teatro, actor de dobraxe, realizador, actor de cinema, produtor, locutor de radio, actor de xénero, actor, dramaturgo, guionista, mago, produtor de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCinema dramático, filme de misterio, filme de acción, filme de suspense, psychological thriller film (en) Traducir, Cinema negro e cinema de aventuras Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBoris Anisfeldt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteLight Cone Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaola Mori (1955–1985)
Rita Hayworth (1943–1948)
Virginia Nicolson (1934–1940) Editar o valor en Wikidata
ParellaOja Kodar (1966–1985)
Dolores del Río Editar o valor en Wikidata
FillosRebecca Welles
 () Rita Hayworth
Beatrice Welles
 () Paola Mori Editar o valor en Wikidata
PaisRichard Head Welles Editar o valor en Wikidata  e Beatrice Ives Welles Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уэллс Орсон)
UbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000080 Allocine: 989 Rottentomatoes: celebrity/orson_welles Allmovie: p116368 119503 TV.com: people/orson-welles IBDB: 7963
BNE: XX4722742 Spotify: 3OMNuqaefKpUsINmjY7Hlq Musicbrainz: cc98a7f6-1c7f-436b-b7f8-60ef310edd52 Songkick: 214527 Discogs: 236639 WikiTree: Welles-458 Find a Grave: 3587 Genius: Orson-welles Editar o valor en Wikidata

George Orson Welles, nado en Kenosha (Wisconsin) o 6 de maio de 1915 e finado en Hollywood (California) o 10 de outubro de 1985, foi un actor, director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Beatrice Ives e de Richard Head Welles, en 1918 participa como actor nunha representación da ópera Samson and Delilah.

Aos 18 anos, Welles comezou a traballar no teatro en Irlanda. Logo trasladouse a Nova York, onde debutou ao ano seguinte en Broadway coa representación de Romeo e Xulieta. Fundou posteriormente a compañía de teatro Mercury Theatre, coa que obtivo grande éxito. En 1938, xunto con varios colegas da súa compañía, representou por radio, na cadea CBS, unha adaptación da obra de H. G. Wells A guerra dos mundos. O realismo foi tal que a emisión causou auténtico pánico en Nova Jersey, onde segundo a obra tiña lugar a invasión dos extraterrestres. Este episodio deulle fama mundial, e levou a RKO Pictures a contratalo en 1939 con plena liberdade para escribir, producir e dirixir.

Posteriormente, Welles convenceu ao guionista Herman J. Mankiewicz para escribiren unha historia baseada na vida de William Randolph Hearst, magnate da prensa, propietario de dous importantes xornais. Tras uns retoques que el mesmo realizou no guión, Welles dirixiu a película co título de Cidadán Kane. Hearst tentou prohibir a proxección, pero estreouse en 1941 con grande éxito de crítica, aínda que non de recadación, debido ás trabas que tivo na distribución, promovidas por Hearst.

Actor prolífico, Welles a miúdo valíase do seu traballo de actor para financiar os seus proxectos como director. Foi un dos directores de maior talento da historia do cine, Cidadán Kane, no seu momento e agora, representou (e representa) un prodixio da técnica e narrativa cinematográfica. O plano secuencia inicial (unha toma ininterrompida de varios minutos) de Sede de mal amosa un dominio da posta en escena e organización dos movementos como só un cineasta da súa categoría podía conseguir. Mesmo obras menores coma O estraño presentan pegadas do seu grande talento.

En ocasións é difícil establecer a cronoloxía exacta da súa filmografía debido ás películas que iniciou e non puido rematar por falta de financiamento.

Filmografía parcial como director

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]