Píllara rabirrubia
Píllara rabirrubia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Charadrius vociferus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Oxyechus vociferus |
A píllara rabirrubia[2][3][4][5] (Charadrius vociferus) é unha ave caradriforme americana.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son aves duns 26 cm de lonxitude, de cola longa e ás aguzadas, coa plumaxe da parte superior do corpo castaña agrisada con matices laranxa avermellados. A parte inferior e o pescozo son brancas. A cara e a cabeza son castañas, coa fronte branca. O anel ocular é alaranxado. Os polos teñen un deseño semellante ó dos adultos. Teñen unha liña negra dobre no papo.
Distribución
[editar | editar a fonte]Crían en Norteamérica e México, e poboacións illadas crían tamén en Costa Rica e o Perú. As poboacións máis setentrionais emigran en inverno cara ó sur, chegando mesmo ata o norte de Suramérica. En Europa son visitantes ocasionais raros.
O seu hábitat preferido son campos abertos e terras de labor. Buscan o seu alimento (insectos e outros invertebrados) en prados, zonas húmidas e desembocaduras de ríos, a miúdo mesmo preto das edificacións humanas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Fan o niño no chan, a miúdo no grixo. Poden aproveitar unha lixeira depresión para aniñar, pero non marcan o niño ou fanos ó cunhas poucas pedras. O aspecto dos ovos, moi pencados, recorda ó das pedras, polo que se mimetizan moi ben co contorno. Poñen en xeral catro ovos nunha superficie plana no chan, que choca nos dous membros da parella durante unhas catro semanas. Os polos, que teñen xa os ollos abertos e a penuxe ben desenvolta cando saen do ovo, deixan o niño deseguida, xa que poden camiñar e comer poucas horas despois de naceren. Manteñen, porén, a dependencia de seus pais ata que poden voar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Charadrius vociferus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Píllara rabirrubia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colin Harrison & Alan Greensmith: Vögel. Dorling Kindersley Limited, Londres, 1993, 2000, ISBN 3-8310-0785-3
- Bryan Richard: Vögel. Parragon, Bath, ISBN 1-4054-5506-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Videos da píllara rabirrubia en Internet Bird Collection
- Información e fotos Photos - South Dakota Birds and Birding
- A píllara rabirrubia na "Lista vermella de especies ameazadas" da IUCN