Pablo Iglesias Posse
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1850 Ferrol, España |
Morte | 9 de decembro de 1925 (75 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | mausoleo de Pablo Iglesias 40°25′18″N 3°38′09″O / 40.421583, -3.635744 Cemiterio Civil de Madrid |
1º Presidente do Partido Socialista Obreiro Español | |
25 de agosto de 2888 – 9 de decembro de 1925 ← sen valor – Julián Besteiro → | |
Deputado das Cortes | |
10 de xuño de 1910 – 15 de setembro de 1923 Circunscrición electoral: Madrid | |
Concelleiro de Madrid | |
1905 – 1910 | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Marxismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, sindicalista |
Empregador | Acción Socialista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Amparo Meliá (1921–1925) |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Иглесиас Пабло) Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Iglesias Posse (Pablo), p.206) |
Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión General de Trabajadores (UXT).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Fillo de Juana Posse, Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán máis novo Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) a Madrid. Alí a súa nai vivía pedindo esmola, polo que debido á falta de fondos foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.
Fundación do PSOE
[editar | editar a fonte]Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) asistíu a unha serie de charlas en Madrid, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar, na clandestinidade, un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.
En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.
O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.
Fundación de UXT
[editar | editar a fonte]En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.
En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e Rafael García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.
Primeiro deputado da historia do PSOE
[editar | editar a fonte]En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid. En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión. En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes. En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.
Escisión ideolóxica do partido
[editar | editar a fonte]En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.
O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.[Cómpre referencia]
O seu pensamento
[editar | editar a fonte]"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Iglesias Posse |
A Galicitas posúe citas sobre: Pablo Iglesias (en castelán) |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Iglesias Posse, Paulo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 202.
- "Iglesias Posse, Paulo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Iglesias Posse, Pablo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 244.
Predecesor: Luis Zurdo |
Presidente da UGT 1889 - 1925 |
Sucesor: Julián Besteiro |
Predecesor: Ninguén (fundador) |
Presidente do PSOE 1879 - 1925 |
Sucesor: Julián Besteiro |