Saltar ao contido

Pakistan International Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pakistan International Airlines
IATA
PK
OACI
PIA
Indicativo
PAKISTAN
Fundación23 de outubro de 1946 (como Orient Airways)
Aeroporto principalaeroporto internacional Jinnah
Plan de voo frecuentePIA Awards Plus+
Frota33
Destinos52
HoldingGoberno de Paquistán
Eslogan da compañíaWe fly at the right attitude
Sede
Páxina web: http://www.piac.com.pk

Pakistan International Airlines (urdú: پاکستان انٹرنیشنل ایئر لائنز‬‎), comunmente referida coa abreviación PIA (urdú: پی‌آئی‌اے‬‎), é a aeroliña nacional de Paquistán. O seu principal centro de conexións está en Karachi e ten centros de conexións secundarios en Lahore e Islamabad.

A aeroliña fundouse o 23 de outubro de 1946 como Orient Airways, inicialmente estivo baseada en Calcuta, na India Británica, antes de pasar as súas operacións a Paquistán, que acababa de independizarse, en 1947. No ano 1955 foi nacionalizada e renomeada Pakistan International Airlines. Ese mesmo ano iniciou os seus servizos internacionais cara Londres e Roma. PIA foi a primeira aeroliña asiática en operar o Lockheed Super Constellation, e foi a primeira compañía non comunista en voar a China. PIA foi a segunda aeroliña asiática en introducir o Boeing 707. No ano 2004 converteuse no cliente de lanzamento do Boeing 777-200LR.[1]

PIA é a aeroliña máis grande do país e opera unha frota de máis de 30 avións.[2] A compañía opera voos regulares a 22 destinos domésticos e 28 internacionais en Asia, Europa, Oriente Medio e Norteamérica.

Boeing 777-300ER
ATR 42 e Airbus A310-300

En decembro de 2017 a frota de Pakistan International Airlines está formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Pakistan International Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y+ Y Total
Airbus A320-200 11 3[4] 8 150 158 3 pintados coa librea dos 60
180 180
ATR 42-500 5 10 38 48
ATR 72-500 5 12 58 70
Boeing 777-200ER 3 35 54 240 329 1 pinta coa librea dos anos 60
2 25 54 240 319
1 35 45 240 320
Boeing 777-200LR 2 35 60 215 310 Cliente de lanzamento
Boeing 777-300ER 3 5[5] 35 54 304 393
1 18 40 384 442
Total 33 8
  1. historyofpia.com (ed.). "History of PIA". Consultado o 27 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Planespotters (ed.). "PIA Pakistan International Airlines Fleet Details and History". Consultado o 27 de abril de 2018. 
  3. PIA (ed.). "Aircraft Seating Configuration". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  4. ch-aviation (ed.). "Pakistan's PIA accepts six bids in narrowbody dry-lease RFP". Consultado o 27 de abril de 2018. 
  5. Boeing (ed.). "Orders & Deliveries". Consultado o 27 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]