Paloma San Basilio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paloma Cecilia San Basilio Martínez 22 de novembro de 1950 (73 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, compositora de cancións |
Período de actividade | 1970 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Capitol Records |
Participou en | |
1985 | Festival Eurovisão da Canção 1985 (pt) |
Premios | |
Páxina web | web.archive.org… |
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española.
Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paloma San Basilio nace en Madrid, vive a súa infancia en Sevilla e a súa adolescencia en Lugo. Estudou na Universidade Complutense de Madrid uns anos de Filosofía e Letras e Psicoloxía antes de dar comezo á súa carreira artística en 1975, grazas a ser elixida como presentadora dun programa de televisión que se chamaba Siempre en domingo. Ese mesmo ano, grava o seu primeiro disco, Sombras, con ampla repercusión internacional. O seu seguinte traballo, Donde Vas (1977), acentúa os temas máis sentimentais e consolida a súa fama en Hispanoamérica.
En 1985, participa no Festival de Eurovisión cantando a canción La fiesta terminó, que dá por título ao novo álbum composto e producido por Juan Carlos Calderón. No festival rematou no posto 14º. Dentro da serie La comedia musical española de Televisión Española protagoniza Las Leandras e La cenicienta del Palace e co-protagoniza unha terceira, El sobre verde, onde canta De una monedita de oro. As tres revistas saen en discos ao mercado.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Sombras (Hispavox, 1975)
- Donde vas (Hispavox, 1977)
- En directo (álbum en directo) (Hispavox, 1978)
- Beso a beso... dulcemente (para Latinoamérica e Estados Unidos) (1979)
- Evita (musical) (Epic, 1980)
- Ahora (Hispavox, 1981)
- Dama (Hispavox, 1982)
- Paloma (Hispavox, 1984)
- En vivo (álbum en directo) (Hispavox, 1985)
- La fiesta terminó (Hispavox, 1985)
- Las Leandras (1985)
- La Cenicienta del Palace (1985)
- Vuela alto (Hispavox, 1986)
- Grande (Hispavox, 1987)
- Vida (Hispavox, 1988)
- La Sinfonía de los Tres Tiempos de América (con Quilapayún) (Para España e Europa) (Hispavox, 1988)
- Quiéreme siempre (Para España e Europa) (Hispavox, 1990)
- Nadie como tú (Para Latinoamérica e Estados Unidos) (Capitol, 1990)
- De mil amores (Para Latinoamérica e os Estados Unidos) (1991)
- Por fin juntos! Paloma y Plácido (con Plácido Domingo, álbum en directo) (EMI, 1991)
- Paloma mediterránea (Hispavox, 1992)
- Al este del Edén (Hispavox, 1994)
- Como un sueño (álbum en directo) (Hispavox, 1995)
- Clásicamente tuya (Hispavox, 1997)
- El Hombre de La Mancha (musical) (1997)
- Perlas (EMI, 1999)
- Escorpio (Sony, 2001)
- My Fair Lady (2001)
- Eternamente: Grandes éxitos de grandes musicales (Ventura, 2002)
- La música es mi vida (recompilatorio)(EMI, 2003)
- Víctor o Victoria (musical) (2005)
- Diva (recompilatorio, 2 CD e 1 DVD) (EMI, 2006)
- Invierno Sur (EMI, 2006)
- Encantados (Sony, 2008)
- Amolap (EMI, 2012)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: "Lady, lady" Bravo |
EuroEspaña.svg 1985 |
Sucesor: "Valentino" Cadillac |