Saltar ao contido

Pastorela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha pastora

A pastorela é un subxénero da lírica moi cultivado en Francia e Provenza. Consiste nunha composición amorosa que alude ó encontro dun cabaleiro[1] cunha pastora. O fundamental da peza é o diálogo amoroso, nunha paisaxe primaveral (medio bucólico), que comeza o personaxe masculino e ao que resposta a pastora. Ela pode sucumbir ao pastor, "vencelo" no diálogo, ou ser rescatada por outros pastores. Representa as posibilidades do amor entre un nobre e unha vilá, polo que está fóra do código do amor cortés. No ámbito galego-portugués consérvanse oito textos que adoptaron elementos da cantiga de amor ou da de amigo, dando lugar a unha forma híbrida.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Marcabru, nun libro manuscrito

O xénero creouno Marcabrú[2], poeta occitano da primeira metade do século XII, na lírica occitana coñécese como pastorella, e foi frecuente na lírica de Oil do século XIII, pasando moi pronto á lírica galego-portuguesa medieval.

Pastorelas galego-portuguesas

[editar | editar a fonte]

Consérvanse unhas 25 pastorelas en occitano, 150 en francés e 7 en galego-portugués[3]. Os autores que escribiron pastorelas en galego-portugués foron Pedro Amigo de Sevilha, Johan Airas, Johan Perez de Aboim, Airas Nunes e Don Dinís (deste último consérvanse tres). O xénero foi importado no último terzo do século XIII, mais non callou ben na nosa lírica e presenta moitas hibridacións coa cantiga de amigo e de amor. A pastorela galaico-portuguesa prescinde do diálogo entre cabaleiro e pastora, e limítase a presentar o soliloquio da pastora, razón pola cal ás veces se presenta como un subxénero da cantiga de amigo.

Este é o comezo da pastorela de Pedr`Amigo de Sevilha:

Quando eu un dia fuy en Compostela
en romaria, vi unha pastor
que, poys fui nado, nunca vi tan bela,
nen vi outra que falasse milhor,
e demandey-lhe logo seu amor
e fiz por ela esta pastorela

Táboa de pastorelas

[editar | editar a fonte]
Compositor Incipit Notas
Marcabru L'autr' ier jost' una sebissa
Marcabru L'autr' ier, a l'issida d'abriu
Giraut de Bornelh L'autrier, lo primier jorn d'aost
Giraut de Bornelh Lo dous chan d'un auzel
Gavaudan Desamparatz, ses companho
Gavaudan L'autre dia per un mati
Cadenet L'autrier lonc un bosc folhos
Gui d'Ussel L'autre jorn cost' una via
Gui d'Ussel L'autr' ier cavalcava
Gui d'Ussel L'autre jorn per aventura
Paulet de Marselha L'autrier manei ab cor pensiu
Guiraut Riquier L'autre jorn m'anava 1260
Guiraut Riquier L'autr' ier trobei la bergeira d'antan 1262
Guiraut Riquier Gaia, pastorela 1264
Guiraut Riquier L'autr' ier trobei la bergeira 1267
Guiraut Riquier D'Astarac venia 1276
Guiraut Riquier A Sant Pos de Tomeiras 1282
Joan Esteve L'autr' ier al gai tems de Pascor 1275
Joan Esteve El dous tems quan la flor sesplan 1285
Joan Esteve Ogan al freg que fazia 1288
Guiraut d'Espanha ? Per amor soi gai
Cerverí de Girona Entre Lerida e Belvis
Cerverí de Girona Entre Caldes e Penedes
Cerverí de Girona En mai, can per la calor
Cerverí de Girona Pres d'un jardi, encontrei l'altredia
Joyos de Tolosa L'autr' ier el dous tems de Pascor
Guilhem d'Autpol L'autr' ier a l'issida d'abril
Anónimo L'autrier al quint jorn d'Abril
Anónimo Quant escavalcai l'autr' er Chamada balada.
Anónimo Mentre per una ribeira Titulada Porquieira.
  1. Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas. Galaxia, 1998, páxina 39
  2. Ruben Charles Cholakian The troubadour lyric: a psychocritical reading. Manchester University Press, 1990, páxina 156
  3. Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989, páxina 43

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]