Paucituberculados
Paucituberculados Paucituberculata Rango fósil: paleoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración dun paucituberculado | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||||||||
|
A dos paucituberculados (Paucituberculata) é unha orde de mamíferos marsupiais da magnorde dos ameridelfos que inclúe numerosas especies fósiles do Novo Mundo.
Na actualidade só unha das súas familias, a dos cenoléstidos (Caenolestidae) ten especies vivas, concretamente 6,[2] coñecidas como sarigüeias rato polo parecido que gardan cos ratos placentarios.
Primeira descrición
[editar | editar a fonte]A ore foi descrita por primeira vez polo paleontólogo arxentino Florentino Ameghino, na súa obra "Mamiferos Cretáceos de la Argentina. Segunda contribución al conocimiento de la fauna mastológica de las capas con restos de Pyrotherium". Boletin Instituto Geografico Argentino 18: 406-521.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Paucituberculata deriva dos termos latinos paucus, -a, -um, "pouco, escaso, curto en número", e tuberculum, -i, diminutivo de tuber, -eris, "excrecencia, tumor", coa terminación -ata para indicar plural. A súa tradución literal é, por tanto, "os de poucas protuberancias", probabelmente referido aoa seus dentes simples, sen protuberancias.[4]
Evolución
[editar | editar a fonte]Algúns dos máis antigos fósiles da orde datan de hai máis de 60 millóns de anos, no paleoceno temperán. Trátase da familia dos Polydolopidae.
Chegado o oligoceno, cando os paucituberculados coñeceron a súa maior biodiversidade, comeza tamén o seu declive.
A unión, nesta época, das placas norte e suramericanas provocou a invasión de novas especies no subcontinente austral. Tratábase de placentados, máis preparados para a dura competencia evolutiva, o que supuxo a extinción de moitas das especies de marsupiais.
Como dato curioso cómpre sinalar que algúns fósiles desta orde, por exemplo da familia dos Groeberiidae, foron descubertos con anterioridade ás especies vivas no tempo presente.
Cladograma
[editar | editar a fonte]A continuación, móstrase un cladograma dos paucituberculados:[1]Systema Naturae 2000 en The Taxonomicon.</ref>
-o Orde Paucituberculata - Ameghino, 1894 |-o Superfamilia Argyrolagoidea - (Ameghino, 1904) (†) | |-o Familia Argyrolagidae - Ameghino, 1904 (†) | |-o Familia Groeberiidae - Patterson, 1952 (†) | `-o Familia Patagoniidae - Pascual & Carlini, 1987 (†) |-o Superfamilia Caenolestoidea - (Trouessart, 1898) | |-o Familia Abderitidae - (Ameghino, 1889) (†) | |-o Familia Caenolestidae - Trouessart, 1898 | |-o Familia Palaeothentidae - (Sinclair, 1906) (†) | `-o Familia Sternbergiidae - (Szalay, 1994) (†) |-o Superfamilia Caroloameghinioidea - (Ameghino, 1901)(†) | |-o Familia Caroloameghiniidae - Ameghino, 1901 (†) | `-o Familia Glasbiidae - (Clemens, 1966) (†) `-o Superfamilia Polydolopoidea - (Ameghino, 1897) (†) |-o Familia Bonapartheriidae - Pascual, 1980 (†) |-o Familia Polydolopidae - Ameghino, 1897 (†) |-o Familia Prepidolopidae - Pascual, 1980 (†) `-o Familia Sillustaniidae - Crochet & Sigé, 1996 (†)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Order Paucituberculata Ameghino, 1894.
- ↑ Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World] Arquivado 06 de febreiro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ F. Ameghino, 1897 Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Class Mammalia en A Mammalian Lexicon.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paucituberculados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Paucituberculados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Goin, F. J. & Candela, A. M. (2004): "New Paleogene marsupials from the Amazon Basin of eastern Perú". Science Series, Natural History Museum of Los Angeles County 40: 15–60.
- Goin, F. J.; Abello M. A. & Chornogubsky, L. (2010): "Middle Tertiary marsupials from Central Patagonia (Early Oligocene of Gran Barranca): Understanding South America’s Grande Coupure". En: Madden R. H.; Carlini, A. A.; Vucetich, M. G. & Kay R. F., eds. The Paleontology of Gran Barranca: Evolution and Environmental Change through the Middle Cenozoic of Patagonia. Cambridge University Press, pp. 69–105.
- Grzimek, B.; Schlager, N. & Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Oliveira, E. V. & F. J. Goin (2011): "A reassessment of bunodont metatherians from the Paleogene of Itaborai (Brazil): Systematics and the age of the Itaborian" SALMA. Revista Brasileira de Paleontologia 14 (2): 105-136.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World, 3rd edition. Baltimore: Johns Hopkins University Press ISBN 0-8018-8221-4, pp. 19–20.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brands, S.J. (comp.) (1989-2005): Systema Naturae 2000. The Taxonomicon Arquivado 25 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.. Universal Taxonomic Services, Amsterdam, Holanda. Consultada o 13 de maio de 2015.