Saltar ao contido

Peter Cushing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Cushing

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Wilton Cushing Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1913 Editar o valor en Wikidata
Kenley, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1994 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Canterbury, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor en Wikidata
ResidenciaDulwich (en) Traducir
Kenley (en) Traducir
Hollywood
Purley (en) Traducir
Whitstable (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGuildhall School of Music and Drama (en) Traducir
Shoreham College (en) Traducir
Purley High School for Boys (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de teatro, actor de cinema, actor de xénero, explorador, pintor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor en Wikidata - 1986 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001088 Allocine: 5232 Rottentomatoes: celebrity/peter_cushing Allmovie: p16338 123842 TV.com: people/peter-cushing IBDB: 105873
BNE: XX1072908 Musicbrainz: eaa6b830-667d-45bc-b085-468b693fa1c4 WikiTree: Cushing-943 Find a Grave: 10687 Editar o valor en Wikidata

Peter Wilton Cushing, nado en Kenley, Surrey, Inglaterra o 26 de maio de 1913[1] e finado en Whitstable, Kent, Inglaterra o 11 de agosto de 1994, foi un actor británico recoñecido polas súas interpretacións nas películas de terror da compañía cinematográfica Hammer e por interpretar o Gran Moff Tarkin en A guerra das galaxias (1977). Estendeuse a súa carreira cinematográfica seis décadas, onde apareceu en máis dun cento de películas ademais de moitos outros papeis en teatro, televisión e radio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Peter Cushing debutou no teatro en 1935 e permaneceu no escenario durante tres anos antes de mudarse a Hollywood para dedicarse ó cine.[2] Tralo seu debut cinematográfico en The Man in the Iron Mask (1939) Cushing comezou a ter un moderado éxito, participando noutros filmes estadounidenses antes de regresar a Inglaterra coincidindo co inicio da segunda guerra mundial. Malia interpretar varios papeis, incluíndo a interpretación de Osric na película dirixida por Laurence Olivier Hamlet (1948), Cushing tivo moitas dificultades para encontrar traballo durante este período e empezou a considerarse a si mesmo como un actor fracasado. Emporiso cando comezou a interpretar obras en directo para a televisión axiña se converteu nun dos actores máis destacados da televisión británica. Pola súa interpretación de Winston Smith en Nineteen Eighty-Four (1954), adaptación da novela homónima de George Orwell á televisión, obtivo un especial recoñecemento.

Peter Cushing ganou fama mundial polas súas aparicións en vinte e dúas películas de terror da produtora independente Hammer, especialmente polo papel do barón Victor Frankenstein en seis das sete películas sobre Frankenstein e como o doutor Van Helsing en cinco películas de Drácula. Cushing interpretou a miúdo xunto ó actor Christopher Lee, que se converteu nun dos seus amigos máis próximos, e en ocasións interpretou tamén coa estrela de terror estadounidense Vincent Price.

Outras películas da Hammer nas que participou son The Abominable Snowman (1957), The Mummy (1959) e The Hound of the Baskervilles (1959), onde interpretou o detective Sherlock Holmes como en moitas outras ocasións ó longo da súa carreira. Peter Cushing continuou desempeñando diversos roles, non obstante, a miúdo foi considerado como o estereotipado actor de cine de terror. Interpretou o Doutor en Dr. Who and the Daleks (1965) e en Daleks' Invasion Earth 2150 A.D. (1966). A súa interpretación do Grand Moff Tarkin en A guerra das galaxias (1977) proporcionoulle unha gran repercusión á súa carreira. Cushing continuou actuando durante os últimos anos da súa vida e escribiu dúas autobiografías. Casou en 1943 con Helen Beck e permaneceron xuntos ata a súa morte en 1971. Peter Cushing morreu en 1994 a causa dun cancro de próstata.

  1. "Peter Cushing Biography (1913-)". Filmreference. Arquivado dende o orixinal o 22-07-2012. Consultado o 22-01-2019. 
  2. Cushing, pp. 45—49

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]