Philippe Étancelin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Philippe Jean Armand Étancelin 28 de decembro de 1896 Ruán, Francia |
Morte | 13 de outubro de 1981 (84 anos) Neuilly-sur-Seine, Francia |
Lugar de sepultura | Q110366336 |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Philippe Étancelin, nado o 28 de decembro de 1896, e finado o 13 de outubro de 1981, foi un piloto de automobilismo do Grand Prix francés que se uniu ao novo circuíto de Fórmula Un nos seus inicios.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Rouen, Seine-Maritime, en Normandía, traballaba como comerciante no inverno e competía nas carreiras de automóbiles durante o verán.[1]
A súa esposa, Suzanne, serviu como súa xefe de equipo. Os seus tres fillos quedaban nunha escola en Rouen mentres viaxaba co seu marido a carreiras de todo o mundo. Ela comunicábase con Étancelin a través da lingua de signos francesa mentres corría ao redor da pista.[Cómpre referencia] Suzanne díxolle a un xornalista que Étancelin comprou un coche de carreiras para celebrar o nacemento da súa segunda filla, Jeanne Alice. Non tiña intención de competir co coche senón simplemente usalo polo pracer de conducir polo campo. A parella unha vez levouna a unha velocidade de 201 km/h. Logo de dous anos de automobilismo recreativo, Étancelin decidiu participar nunha carreira.[2] By this time he had won the Marne Grand Prix three times.</ref>
Empezou a competir cun Bugatti privado en 1926, eparticipando en carreiras e subidas.[3] A súa primeira vitoria foi no Gran Premio de Marne en Reims en 1927,[3] o mesmo ano logrou un terceiro posto na Coppa Florio en Saint-Brieuc.[3] Repetiu a súa vitoria en Reims en 1929, por diante de Zenelli e do seu amigo Marcel Lehoux, facendo un pleno de Bugatti no podio.[3] Étancelin conseguiu unha vitoria no Grand Prix de la Baule e no Prix de Conseil General en Antibes.[3]
Alcumado "Phi Phi",[3] Étancelin tamén logrou unha vitoria para Bugatti no Gran Premio de Alxeria de 1930, seguido de Lehoux. No Gran Premio de Francia, derrotou ao Bentley de Henry Birkin e gañou en Grenoble o Circuíto de Dauphine, e un terceiro posto en Lión.[3]
Comezou a tempada de 1931 nun Bugatti, quedando detrás de Czaykowski no Gran Premio de Casablanca en Anfa.[3] Gañou no Circuit d'Esterel Plage en Saint-Raphaël. Nas carreiras importantes, corrían coas regras da Fórmula Libre a unha duración de 10 horas, compartía unidade con Lehoux. Abandonaron no Gran Premio de Italia de 1931 e no Gran Premio de Francia de 1931. Logo de que Étancelin cambiase a Alfa Romeo ao final do ano, quedou cuarto no Gran Premio de Marne e gañou o Dieppe Grand Prix de catro horas, por diante do Bugatti de Czaykowski e o Delage de Earl Howe. Engadiu vitorias en Grenoble e no Comminges Grand Prix en St. Gaudens.[3]
Aínda que Étancelin era un piloto privado destacado, foi derrotado constantemente polos equipos oficiais en 1932, logrando só unha vitoria, o Picardie Grand Prix en Peronne.[3]
En 1933, o Alfa de Étancelin perdeu por pouco o décimo quinto premio anual do[4] "Grand Prix" francés (organizado polo Automóbil Club Francés no Montlhery Autodrome preto de París[4]) tras unha carreira "furiosa"[3] co Maserati de Giuseppe Campari, perdendo o liderado na última volta da carreira de 500 km.[4] Con todo, Étancelin gañou o segundo "Grand Prix" de Picardy consecutivo, por diante dun "formidable"[3] Raymond Sommer, e logrou un segundo lugar detrás dun igualmente formidable Tazio Nuvolari no Gran Premio de Nîmes, e unha vitoria sobre Jean-Pierre Wimille no Gran Premio de Marne.[3]
A nova fórmula de 750 quilogramos trouxo as Silver Arrows de Mercedes e Auto Union. Étancelin cambiou a un Maserati 8CM,[3] logrando segundos lugares en Casablanca, Montreux e Niza, cun Dieppe. Compartiu un Alfa con Luigi Chinetti para gañar en Le Mans.[3]
A tempada 1935 de Étancelin non foi mellor, con só un terceiro posto en Tunisia. Foi unha dura competencia para o Mercedes de Rudolf Caracciola no Gran Premio de Mónaco no pequeno Maserati de 3.7 litros, pero sufriu un fallo nos freos e chegou cuarto.[3] Pilotando un Maserati para o equipo Subalpina, tivo un espectacular accidente no Gran Premio de Suíza en Berna, e o seu coche quedou envolto en chamas, pero non sufriu lesións.
Participou cun dos novos Maseratis de 4´4 litros en 1936, foi superado polos participantes alemáns, sufrindo retiradas en case todas as carreiras. Gañou só o "Gran Premio de Pau", e foi "contra uns modestos rivais".[3] Negociou as 100 voltas en 3 horas e 21 minutos e 22 segundos.[5] En outubro, Étancelin clasificou no sexto lugar na copa Vanderbilt, que correuse sobre 480 km preto de Westbury, Nova York. Nesta época gañou o Grand Prix de Marne tres veces.[1]
Mantívose fóra das carreiras en 1937, e regresou en 1938 para compartir nun novo Talbot con Chinetti en Le Mans, pero non conseguiu ningunha vitoria. Para 1939, colocou o seu Talbot terceiro en Pau, tras Hermann Lang e Manfred von Brauchitsch. Tamén logrou un cuarto lugar no Gran Premio de Francia.[3]
Étancelin participou na primeira carreira automobilísticade celebrada en Francia na posguerra, e non terminou no Bois de Boulogne nun Alfa.[3] Non conseguiu obter un dos poucos coches novos ata 1948, cando comprou un Talbot de 4½ litros e colocouno segundo no Albi Grand Prix, detrás de Luigi Villoresi nun Maserati. A súa tempada de 1949 viuno no segundo lugar no Gran Premio de Marsella (tras Fangio), no Gran Premio de Europa no Autódromo Nazionale Monza (tras Alberto Ascari) e no Gran Premio de Checoslovaquia en Brno (tras Peter Whitehead) nun Ferrari. Ademais, gañou o Gran Premio de París en Montlhéry.[3]
Étancelin participou en doce Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutando o 13 de maio de 1950. Logrou un total de tres puntos de campionato. O seu quinto lugar no Gran Premio de Italia de 1950 converteuno no piloto máis vello en conseguir puntos de campionato.
En 1953, logo de ser terceiro no Grand Prix de Rouen e nas 12 Horas de Casablanca, decidiu retirarse.[3] O goberno de Francia outorgoulle a Lexión de Honra en recoñecemento pola súa contribución ao deporte das carreiras automobilísticas que se estendeu durante catro décadas. Ètancelín mantivo o seu interese polas carreiras, facendo aparicións ocasionais no automobilismo histórico ata 1974.[3]
Morreu en Neuilly-sur-Seine en 1981.
Principais vitorias profesionais:
- Algerian Grand Prix 1930
- Grand Prix de la Baule 1929
- Grand Prix du Comminges 1929, 1931
- Dauphiné Circuit 1930, 1931
- Gran Premio de Francia 1930
- Grand Prix de Dieppe 1931
- Grand Prix de la Marne 1929, 1933
- Pau Grand Prix 1930, 1936
- Grand Prix de Picardie 1932, 1933
- Grand Prix de Reims 1927, 1929
- Circuit d'Esterel Plage 1931
- 24 Horas de Le Mans 1934
Resultados completos no Campionato de Europa
[editar | editar a fonte](clave) (Carreiras en grosa indican pole position)
Ano | Equipo | Construtor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1931 | Private entry | Bugatti | ITA Ret |
FRA Ret |
BEL | 34= | 21 | ||
1932 | Private entry | Alfa Romeo | ITA | FRA Ret |
ALE | 16= | 21 | ||
1935 | Scuderia Subalpina | Maserati | BEL | ALE Ret |
SUI Ret |
ITA Ret |
ESP | 17 | 34 |
1936 | Private entry | Maserati | MON Ret |
ALE | SUI Ret |
ITA | 18= | 28 | |
1938 | Talbot-Darracq | Talbot | FRA Ret |
ALE | SUI | ITA | 24= | 29 | |
1939 | Talbot-Darracq | Talbot | BEL | FRA 4 |
ALE | SUI | 16= | 28 |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago T26C | Talbot Straight-6 |
GBR 8 |
MON Ret |
500 | SUI Ret |
ITA 5 |
18º | 3 | |||
Automobiles Talbot-Darracq | Talbot-Lago T26C DA | BEL Ret |
|||||||||||
Philippe Étancelin | FRA 5 * |
||||||||||||
1951 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago T26C DA | Talbot 6 en liña | SUI 10 |
500 | BEL Ret |
FRA Ret |
GBR | ALE Ret |
ITA | ESP 8 |
NC | 0 |
1952 | Escuderia Bandeirantes | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA 8 |
GBR | ALE | NED | ITA | NC | 0 |
- * Indica unidade compartida con Eugène Chaboud
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "World's Best Drivers Vie For $60,000 In Cup Race", Washington Post, 12 de outubro de 1936, p.X15.
- ↑ "Vite! Vite! To Victory, Or-", Edwardsville, Illinois 'Intelligencer, March 13, 1939, p.5.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 Twite, Mike. "Etancelin: Twenty Years Behind the Wheel", in Northey, Tom, general editor. The World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 6, p616.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Campari Wins Paris Auto Race", The New York Times, 12 de xuño de 1933, p.22.
- ↑ "Wins Grand Prix", Olean, New York Times Herald, 2 de marzo de 1936, p.13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philippe Étancelin |