Saltar ao contido

Pobo yugh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo yugh
Poboación
Poboación total:
7 (2020)
Rexións principais:
Federación RusaKrai de Krasnoiarsk
Aspectos culturais
LinguaLingua yugh
Distribución das linguas ieniseianas
Distribución das linguas ieniseianas

O pobo yugh (ou yug) é un pobo ieniseiano en perigo de extinción. Viven ao longo do río Ienisei, no centro de Siberia.[1]

A concepción tradicional era que os yugh pertencían ao pobo keta, mais na década dos sesenta determinouse que formaban o seu propio grupo étnico, con lingua e cultura de seu. Porén, a finais dos oitenta xa desapareceran como pobo diferenciado. Nos noventa, apenas quedaban dous ou tres falantes da lingua yugh.[1]

  1. 1,0 1,1 "East Asian Studies 210 Notes: The Ket". web.archive.org. 2019-04-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2023-12-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]