Poboación estatística
Aparencia
En Estatística a poboación, tamén chamada universo ou colectivo é o conxunto de elementos de referencia sobre o que se realizan as observacións.
En Epidemioloxía unha poboación é un conxunto de suxeitos ou individuos con determinadas características demográficas, da que se obtén a mostra ou participantes nun estudo epidemiolóxico á que se quere extrapolar os resultados do devandito estudo (inferencia estatística).
O número de elementos ou suxeitos que compoñen unha poboación estatística denomínase N e é igual ou maior que o número de elementos que se obteñen dela nunha mostra (n).
Existen distintos tipos de poboacións que son:
- Poboación base: É o grupo de persoas designadas por características persoais, xeográficas ou temporais, que son elixibles para participar no estudo.
- Poboación mostrada: É a poboación base con criterios de viabilidade ou posibilidade de realizarse a mostraxe.
- Mostra estudada: É o grupo de suxeitos no que se recollen os datos e realízanse as observacións, sendo realmente un subgrupo da poboación mostrada e accesible. O número de mostras que se pode obter dunha poboación é unha ou maior dunha.
- Poboación diana: É o grupo de persoas á que se quere xeneralizar os resultados do estudo.