Saltar ao contido

Pobos turcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países e subdivisións autónomas nas cales unha lingua turca ten un status oficial.

Os pobos turcos[1] do norte e o centro de Eurasia son pobos que falan linguas da familia turca, e que comparten varios trazos históricos e culturais en diferentes graos. As linguas turcas son unha subdivisión da familia das linguas altaicas e unha das máis amplamente estendidas no mundo, xa que se falan nunha vasta rexión que vai desde Europa até Siberia, incluíndo as sociedades existentes como: turcos, azarís, chuvaxos, casacos, tártaros, kirguiz, turcománs, uigures, uzbekos, baskires, kashgai, gagauz, iakutos, Karaites, crimchacos, caracalpacos, karachais, bálcaros, nogais; así como civilizacións do pasado tales como os köktürks, cumanos, kipchaks, ávaros, protobúlgaros, turgesh, kházaros, seliúcidas, otománs, mamelucos, timures e probabelmente os hunos e os xiongnu.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Número de falantes nativos da familia das linguas turcas.

Os pobos turcos teñen moitas ramas, e a súa poboación total é de ao redor de 150 millóns de individuos. Aproximadamente a metade son turcos de Turquía, que na súa maoir parte habitan no mesmo país e nas rexións dominadas antigamente polo Imperio Otomán en Europa oriental, o norte de África e o Oriente Próximo. A outra metade dos turcos encóntranse en Asia Central, Rusia, o sur do Cáucaso e o noroeste de Irán.

Na actualidade hai seis países turcos independentes:

A República Turca do Norte de Chipre só é recoñecida por Turquía e Nakhicheván (unha rexión autónoma de Acerbaixán).

Existen varias repúblicas autónomas turcas e rexións gobernadas polos turcos na Federación rusa: República de Altai, Bashkortostán, República dos Chuvaxos, Daguestán, Khakasia, Karachai-Cherkesia, Tartaristán, Tuvá e Iakutia. Cada república autónoma turca da Federación Rusa ten a súa propia bandeira, parlamento, leis e lingua oficial.

Hai outras dúas rexións autónomas turcas importantes: a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang (tamén coñecida como Turquestán Oriental), no oeste da China, e rexión autónoma de Gagaucia, situada en Moldova oriental. Ademais, hai varias rexións turcas non recoñecidas en Irán e partes de Iraq, Afganistán, Paquistán, Taxiquistán e parte de Casaquistán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]