Príncipe de sangue
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
A expresión príncipe de sangue apareceu en Francia no século XV para designar aos membros masculinos das liñaxes descendentes de san Lois que eran aptos para acceder á coroa en caso de extinción da familia real (o rei, os seus fillos e os seus netos). O termo substituíu os de príncipes das flores de lis e príncipes do sangue de Francia.
Membros dos príncipes de sangue ocuparon o trono en tres ocasións por extinción da familia real: en 1498 (Lois XII, membro da casa de Orleans), en 1515 (Francisco I, da segunda rama da casa de Orleans) e en 1589 con Henrique IV, da casa de Borbón. Porén, Filipe VI da casa de Valois, que sucedeu a Carlos IV, non era príncipe de sangue, aínda que a expresión é posterior á súa ascensión ao trono.