Proxección
A proxección é o método empregado no debuxo para representar un obxecto de tres dimensións nunha superficie, de dúas. A figura resultante sae de utilizar liñas auxiliares proxectantes que, partindo dun punto denominado foco, pasan polo obxecto a proxectar e a súa proxección, obténdose a representación do obxecto no plano.
Os elementos principais da proxección son o punto de vista ou foco de proxección (V), o punto que se proxecta (A), o punto proxectado (A'), a liña proxectante (VAA') e o plano sobre o que se proxecta, que recibe diferentes denominacións como plano de proxección, plano de cadro ou plano imaxe ( ).
Cando todas as liñas de proxección pasan por un punto fálase de proxección central ou cónica. Cando as liñas proxectantes son paralelas fálase de proxección paralela ou cilíndrica.
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]Proxección | Tipo | Subtipo | |
Central | Varios tipos de perspectiva con puntos de fuga | ||
Paralela | Ortogonal | Isométrica (Tres ángulos iguais (120º), coef. de redución iguais) | |
Dimétrica (Dous ángulos iguais, dous coeficientes distintos) | |||
Trimétrica (Tres ángulos e coeficientes distintos) | |||
Oblicua | Perspectiva cabaleira |